A Capela: o mundo rural nunha cullerada de requeixo
O recinto da Festa do Requeixo da Capela foi este domingo un fervedoiro de xente, impulsada polo desexo lúdico e festivo de participar nun encontro no que os pequenos e mailos grandes teñen os seus espazos e no que se lle rende homenaxe a un dos produtos con máis arraigo e 'tirón' deste concello coruñés.
Así o entendeu o pregoeiro deste ano, o escritor e xornalista de La Voz de Galicia Ramón Loureiro, quen en clave histórica e ancestral aludiu ao requeixo como unha arte e un símbolo "dunha Galicia eterna e acolledora".
Ler máis
Así o entendeu o pregoeiro deste ano, o escritor e xornalista de La Voz de Galicia Ramón Loureiro, quen en clave histórica e ancestral aludiu ao requeixo como unha arte e un símbolo "dunha Galicia eterna e acolledora".
Ler máis
Máis de 3.000 terrinas este domingo para degustar o requeixo da Capela
O municipio coruñés da Capela abre edición este domingo para celebrar un ano máis a festa de exaltación do seu requeixo. Serán máis de 3.000 terrinas as que se porán á venda, nunha xornada na que haberá unha manchea de actividades repartidas ao longo do día, con múltiples postos de venda, entre os que non faltarán os adicados ao queixo, entre eles o dos productos locais, elaborados pola Cooperativa de Campo Capela.
Ler máis
Ler máis
80.000 vistantes e moito queixo galego na Semana Verde
A Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia pechou edición o pasado domingo cunha asistencia de 80.860 visitantes e arredor dunha ducia de fabricantes de queixo galego, que cualificaron como positivas as vendas, aínda que cun certo retraemento sobre a edición do ano pasado, á que acudiron -en números redondos- 20.000 persoas máis. No encontro, os amantes da boa cociña e das delicatessen tiveron oportunidadade de gozar cos mellores produtos e dos petiscos selectos elaborados en diferentes sesións de cociña, presentacións, catas ou talleres.
Ler máis
Ler máis
'Conchy': a maxia do leite crú
No ano 2013, xusto cando lles chegou o rexistro sanitario, púxose en marcha en Friol (Lugo) Queixos Conchy, despois de que en 2012, César Modia Lage rematase os seus estudos. Era delineante, pero como non tiña traballo daquela é o país andaba en crise, apostou coa súa familia por montar a queixería da que é hoxe copropietario, xunto coa súa irmá, Gemma Modia. Para o proxecto había unha base prometedora: a granxa familar que daquela atendía a súa nai. Hoxe, Lácteos Conchy segue a ser un pequeño produtor, de xeitos tradicionais, que ofrece os sabores, recendos e suxestións do leite natural, crú.
Ler máis
Ler máis
O San Simón da Costa pecha feiral coa nota máis alta
A XXVIII Festa do Queixo San Simón da Costa tivo, posiblemente, o mellor ano. O tempo axudou esta fin de semana en Vilaba e os visitantes contáronse por milleiros, de tal xeito que se o sábado sorprendeu xa a asistencia, este domingo -ao peche da edición- as expectativas volvíanse superar. E como noutras feiras do queixo galegas, a xente veu para desfrutar pero tamén para mercar. Camiño das dúas e media da tarde, pouco antes do sorteo de cestas dos produtos das sete queixerías locais asistentes, quedaba patente tamén o éxito de vendas.
Ler máis
Ler máis
A neve volve a Pedrafita na exaltación do queixo Cebreiro
Do mesmo xeito que en 2018, a neve volveu estar presente este venres na celebración da Feira do Queixo do Cebreiro. Pero lonxe de converterse nun problema, volveu ser un excelente reclamo para os turistas, que tiveron un aliciente máis para desfrutar da xornada.
En palabras do alcalde desde municipio da montaña lucense, José Luis Raposo, foi "a xusta neve dos turistas", xa que se puido andar polas rúas sen dificultade e houbo "unha excelente feira", que desde a perspectiva dos fabricantes do queixo Cebreiro traduciuse na venda total do produto.
Ler máis
En palabras do alcalde desde municipio da montaña lucense, José Luis Raposo, foi "a xusta neve dos turistas", xa que se puido andar polas rúas sen dificultade e houbo "unha excelente feira", que desde a perspectiva dos fabricantes do queixo Cebreiro traduciuse na venda total do produto.
Ler máis
Friol pasa dos 30.ooo visitantes na feira do queixo e o pan
A Feira do Queixo de Friol e Pan de Ousá desborda as expectativas, con máis de 30.000 asistentes na edición do domingo, mentres se continúa anfianzando "como un dos encontros gastronómicos máis importantes da comunidade autónoma", en palabras do alcalde do municipio lucense, José Ángel Santos, para quen o recoñecemento de Festa de Interese Turístico de Galicia supón un auténtico revulsivo.
Os queixeiros locais aportaron arredor de 10.000 pezas, mentres que as cinco panadarías asistentes trouxeron outras 3.000. Vendeuse todo.
Ler máis
Os queixeiros locais aportaron arredor de 10.000 pezas, mentres que as cinco panadarías asistentes trouxeron outras 3.000. Vendeuse todo.
Ler máis
Moeche adobíase con queixos de toda España para promocionar o seu
Xa hai datas, produtores e programa. Falta comezar coa festa. O Concello coruñés de Moeche, que adianta este ano a celebración anual, será nuns días o centro de atención do mundo queixeiro galego. Por partida dobre, xa que xunto coa celebración da VI Feira do Queixo, ofrécese a I Feira das Queixarías Artesás QueRed. Abrirá as portas a vindeira fin de semana, co domingo, 17,como día grande, para que os amantes do produto poidan participar activamente.
O obxectivo do encontro non é outro que por en valor este produto e reivindicar o papel do sector leiteiro; e contou nestas últimas edicións cun amplo respaldo popular. Pero este ano, a convocatoria amplíase a dous días, para poder acoller a I Feira das Queixarías Artesás QueRed, organizada en colaboración coa rede estatal desta marca, que ten entre os seus obxectivos a interlocución coas administracións públicas para mellorar o marco normativo e informar, formar e promocionar aos seus asociados.
Ler máis
O obxectivo do encontro non é outro que por en valor este produto e reivindicar o papel do sector leiteiro; e contou nestas últimas edicións cun amplo respaldo popular. Pero este ano, a convocatoria amplíase a dous días, para poder acoller a I Feira das Queixarías Artesás QueRed, organizada en colaboración coa rede estatal desta marca, que ten entre os seus obxectivos a interlocución coas administracións públicas para mellorar o marco normativo e informar, formar e promocionar aos seus asociados.
Ler máis
Arzúa volveu ser unha festa de queixo, música e asistencia
A Festa do Queixo de Arzúa volveu responder ás expectivas, chegando a superar incluso as cifras de anos pasados. Así que o recinto feiral 'Terra do Queixo' rebosou este domingo e durante horas houbo que esperar quenda para mercar nos máis de sesenta postos e escoller entre centos de propostas. O cartel musical da fin de semana congregou tamén a milleiros de asistentes incondicionais, ávidos da boa música, e sen ter que pasar polo portelo. E da asistencia, un dato ben significativo, os máis de corenta autobuses que se achegaron ata a vila coruñesa con xente disposta a desfrutar da xornada.
Ler máis
Ler máis
"O queixo de Arzúa casa ben con auga, con viño e con música"
As mulleres galegas porán o vindeiro domingo, en Arzúa, o " broche de ouro" da 49 Festa do Queixo, en palabras de Guadi Galego, unha das artistas máis relevantes do país. Na proposta, ademais da actuación da cedeiresa, inclúese a intevención de De Vacas (sesión vermú) e Fillas de Casandra (concerto de peche). Hai no chiscado de ollo de Guadi unha aposta polas matriarcas, "aloitadoras, conquistadoras, billantes activistas da vida cotiá…". Será a mellor música, só por pasar pola taquilla 'de balde'. Pero quedaría coxo o repertorio se non se incluíuse o pregón mañá sábado da actriz viguesa María Váquez,
Ler máis
Ler máis
53 fabricantes encherán de sabor a Festa do Queixo Arzúa
A 49 Festa do Queixo culminará na primeira fin de semana de marzo en Arzúa un ano de traballo para exaltar o produto. Onte presentouse o programa completo da festa, que nos grandes números resúmese en 53 queixerías e 68 expositores no recinto Feiral Terra do Queixo; e no plano musical nun abano que inclúe o sábado, 2 de marzo, os grupos: Tu Futura Exmujer, La Plazuela, Arde Bogotá e Grande Amore; e o domingo: De Vacas, Guadi Galego e Fillas de Cassandra.
Ler máis
Ler máis
"Teño un cariño especial polo queixo Cebreiro"
Mikel López Iturriaga rí con ganas varias veces nesta entrevista, a primeira cando sitúo erróneamente o seu domicilio en Madrid en lugar de en Barcelona e a segunda cando lle pregunto por canto lle vai durar a 'colección' de pezas coas que foron agasallados os participantes na Cata dos Queixos de Galicia 2023. Amante dos queixos, ten polo do Cebreiro unha especial debilidade e sabe ben onde chamar para repoñer existencias. Mikel López, que en materia gastronómica toca todos os paus, valora a súa experiencia como catador -a primeira- en Galicia como moi boa e asegura que aprendeu moito.
Ler máis
Ler máis
Dous 'Crisantos', un 'Castelo', un 'Anzuxao', un 'Arqueixal'…
Ata última hora non se soubo o lugar da entrega dos premios da XXVI Cata dos Queixos, nin da XXII Cata dos Meles. Foi este mediodía no santiagués hotel da Quinta da Auga, e actuou como mestre de cerimonias o conselleiro do Medio Rural, Xosé González . Os gañadores absolutos foron a Queixería vilalbesa Don Crisanto (polo seu 'Tetilla' e o seu 'San Simón das Costa') , Queixos Castelo das Brañas (polo seu 'Cebreiro'), a Queixería lalinense Pazo de Anzuxao ( polo seu 'Arzúa-Ulloa') e Arqueixal, (por un 'Arzúa-Ulloa' curado , elaborado por Xosé Luis Carreira Valín en Palas de Rei).
Ler máis
Ler máis
O 24 coñeceranse os mellores queixos galegos 2023
Xa hai data para a celebración do acto de entrega dos premios aos mellores queixos galegos acollidos a algunha das catro denominacións de orixe protexida (DOP), edición 2023. Será o vindeiro venres, 24 de novembro, nun lugar que aínda non se fixo público. A cata celebrouse a mediados desta semana en Santiago de Compostela.
Presentáronse 47 mostras de 28 queixerías, distribuídas entre a DOP Queixo Tetilla (18 mostras), DOP Arzúa-Ulloa e Arzúa-Ulloa curado (20 mostras en total) DOP San Simón da Costa (6 mostras) e DOP Cebreiro e Cebreiro curado (4 mostas en total).
Ler máis
Goente pecha con sol, máis vendas e menos visitantes
A XIII Feira do Queixo do Eume e Mel de Goente pechou este domingo as súas portas cunhas vendas superiores ás da edición anterior, aínda que, paradoxalmente, o número de asistentes foi algo menor, en boa medida, polas elevadas temperaturas. Os organizadores non dubidaron en sinalar que cun tempo tan bo o feiral ten un claro competidor: a praia.
Como todos os anos, a maior concentración de público produciuse entre as doce do mediodía e as dúas da tarde, para volver repuntar novamente tralo xantar.
Ler máis
Como todos os anos, a maior concentración de público produciuse entre as doce do mediodía e as dúas da tarde, para volver repuntar novamente tralo xantar.
Ler máis
Goente pecha este domingo as feiras dos queixos galegos
Do mesmo xeito que o Queixo Arzúa-Ulloa abre no mes de marzo de cada ano as festas de promoción dos queixos galegos, o concello coruñés de As Pontes de García Rodríguez pecha na parroquia de Goente as feiras galegas de exaltación do produto. E tócalle este domingo, 8 de outubro. Falamos da Feira do Queixo do Eume e do Mel de Goente.
Ler máis
Ler máis
A Capela, requeixo para comer e cantar
Pola parte que lle toca ao nome común e ao xentilicio, o requeixo da Capela é produto para comer e para cantar. Para trasfegar -iso si, como mandan os canons do bo gourmet-, un requeixo coma este precisa de culler; e para os que lles vaia o sabor cara a fruición -que parece que son moitos tamén- o de cantar ten que ser, de sempre e moi natural: a capela.
Con vimbios coma estes volveu brilar hoxe unha festa con 33 anos vida, que teñen escaparate na Cooperativa do Campo Capela e no concello local. Milleiros de visitantes, arredor de 7.000 racións de beberaxe medio-sólida vendidas e un mercadiño de 'case todo' complementaron o cartel anunciador.
Ler máis
Con vimbios coma estes volveu brilar hoxe unha festa con 33 anos vida, que teñen escaparate na Cooperativa do Campo Capela e no concello local. Milleiros de visitantes, arredor de 7.000 racións de beberaxe medio-sólida vendidas e un mercadiño de 'case todo' complementaron o cartel anunciador.
Ler máis
"O leite ten que ter un valor digno"
A suba dos prezos hai tempo xa que deixou de ser novidade. O sector lácteo está sometido a esa mesma presión e con el a fabricación de queixo.
O presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida San Simón da Costa, Daniel Pérez, aporta algunhas claves sobre a situación, que ten na escaseza de materia prima para a elaboración do produto ou na alza dos prezos algúns dos principais problemas.
Ler máis
Bo-Queixo, calidade con valor engadido
Bo-Queixo (Boqueixón, A Coruña) vén de acadar unha medalla de bronce na última Cata dos Queixos de Galicia. Non é, desde logo, ocasional, porque o fabricante acapara dous premios de ouro máis. Para os consumidores -e neste caso especialmente para os amantes dos queixos- a cata anual das catro denominacións de orixe protexida, aporta información. Boa información. A queixeira, Isabel García, di que un galardón trasládalle aos seus produtos valor engadido, e moito.
Ler máis
"Falta leite e a alza dos prezos en todo é tremenda"
Os fabricantes de queixos galegos empezan a notar unha falta crecente da materia prima para elaborar os seus produtos. O problema empeza a ser cada vez máis preocupante, porque a situación leva aparellado un incremento do prezo do leite.
E xa se sabe, o resultado final é un queixo máis caro. Para Maikel Fernández, copropietario da queixería vilalbesa Prestes, trátase "dun problema de raíz e grande". A súa mensaxe: "ir polo próximo, polo local" e que o campo acabe por ser unha aposta de futuro, "porque o agro, é unha forma de vida", conclúe.
Ler máis
Arzúa-Ulloa, "Non hai queixa"
A Denominación de Orixe Protexida (DOP) Arzúa-Ulloa mantén a consolidación do crecemento da produción dos seus queixos, cun 2,10 por cento máis en 2020 en relación co ano anterior, no que mandou na economía un desconcerto xeral que en maior ou menor medida chega ata hoxe.
Non obstante, "a situación está ben; non hai queixa", segundo o balance resumido do presidente do Consello Regulador da DOP, Xosé Luis Carrera Valín, quen recorda que durante a última década "crecemos un pouco. Estivemos estabilizados un anos pero, precisamente, o ano pasado, que foi o ano da pandemia, medramos".
Ler máis