Hai para o colectivo produtor novas intesantes, como que se fixase nos seu requeixo a Guía Repsol como un dos mellores alimentos de España, e o movemento 'Slow food' (comida lenta), que escolleu este ano ao produto como un dos alimentos mundiais que se deben preservar, unha candidatura esta última que está aínda en proceso, pero que di moito do produto exaltado hoxe na Capela.
Facendo balance da última edición, Ana Vence Permuy, xerente da Cooperativa Campo Capela e secretaria tamén do consello reitor, sinalaba que o pasado año vendéronse arredor de 7.600 terrinas de requeixo, cunha previsión para a festa celebrada este domingo dunhas 7.000 ou 8.000 terrinas. Os visitantes, a falta de estimacións definitivas, poderían estar "entorno aos 12.000", afirma.
Os organizadores -Concello da Capela e Cooperativa Campo Capela-, non chegaron a valorar aínda nesta xornada de exaltación do requeixo local poñer toldos para dar comidas e ofertar logo a esperada sobremesa do requeixo.
E certo que hai unha abondosa oferta en materia de restauración, o que non levou ata agora á instalación dun "toldo para comer no campo ca festa", segundo Ana Vence, que non descarta que en próximas edicións se poida optar por esta medida. Parece que os restaurantes non dan acollido toda a demanda que hai. En previsión, este domingo, , engadíuse xa a oferta culinaria unha pulpeira.
Na Capela hai moita xente que queda a comer. Son milleiros de persoas, polo que bares, mesóns e restaurantes traballan xa con reservas. Por iso, sinala a xerente de 'Campo Capela' que para 2017 estase a valorar a posibilidade de ampliar a oferta.
Leite cru, valor engadido
Esta festa, e o pruduto estrela que se oferta, teñen un importante valor engadido. O requeixo está feito con leite cru. Esta cooperativa, foi a primera en España en facer unha gama de maduración corta con leite cru, con todas as garantías esixidas sanitariamente, para calquer outro producto, incluídos os pasteurizados.
Pero hai outros valores alimentarios engadidos para o requeixo, como que non se lle bote callo, xa que se "é leite que calla por si só", resalta Ana Vence, o que leva a que sexan tres os días para a súa elaboración.