A xornada de exaltación do queixo local contou coa asistencia da directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, interesada na promoción e potenciación do producto, segundo destacou a alcaldesa de Moeche, Beatriz Bascoy, quen recoñeceu que varios impedimentos obrigaron a facer o feiral o 26 de marzo, coincidindo coa Feira do Queixo de Friol e Pan de Ousá. O obxectivo e evitar que isto volva suceder, programando no futuro a actividade para o segundo ou o terceiro domingo de marzo.
O balance da primeira edición da Feira do Queixo de Moeche foi, en palabras da alcaldesa, "magnífica", ao rexistrarse unhas vendas duns 15.000 euros de vendas en queixos, "nunha pequeña vila como esta". O balance é bo porque "este ano pasamos de doce produtores a vinte", dixo. Os postos de venta foron trinta nesta segunda edición.
A alcaldesa apostou por facer unha feira centrada fundamentalmente no queixo, ofertando ademais actividades para que as familias poidan pasar "un día agradable", tendo en conta tamén produtos de horta, pero "sen mesturar moito", porque se pode convertir nunha feira de moitas propostas nas que "o queixo poida quedar un pouco agochado", dixo.
Novidades
Entre as novidades deste ano, destacou a cata de catro queixos, cun viño, a un prezo de tres euros, guiadas por mestres queixeiros. Presentouse tamén un queixo azul e outro afumado de Lácteos Moeche, sen olvidar a ampliación de obradoiros infantís, para facer un postre de queixo ou un disfraz de cociñeiro, tratando de darlle importancia a que os pequeños se poidan ir integrando en todo o relacionado co mundo gastronómico. En contra do que cabería esperar, polas incidencias dos últimos días, tamén funcionou o domingo o Tren do Queixo. Houbo igualmente un concurso de receitas doces e salgadas, coa participación fundamentalmente, de xente do concello.