Tirando de programa, a proposta inclúe, entre outras moitas actividades, catas comentadas do Arzúa-Ulloa nos centros docentes; proxeccións de bo cine; obradoiros; o coñecido concurso de tapas e petiscos 'Festa do Queixo'; ou a a clase maxistral de cociña con Arzúa-Ulloa.
A guinda é o Festival do Queixo, pero tamén a pregoeira para a ocasión, a actriz viguesa María Castro, ou a emblemática a 'Escultura da Queixeira', feita con queixo, a tamaño natural, e que se poderá contemplar o sábado 4 de marzo na entrada principal do recinto feiral .
70 expositores
Os queixos da Deominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa (DOP) e os produtores lácteos tradicionais serán un ano máis os anfitrións da mostra, que acollerá no recinto feiral Tera do Queixo a un totral de 70 postos, que sea repartirán entre unha selección de produtos artesanais e gourmet de alta calidade, as queixerías con DOP Arzúa-Ulloa e as queixerías con certificado de Produtores Lácteos Certificados (PLT) .
No primeiro andar do recinto feiral, o domingo, terá lugar o 'master class' co queixo como protagonista de Bea Sotelo, do Restaurante 'A Estación' de Cambre (A Coruña), recoñecida cunha estrela 'Michelín' e de sobra coñecida polas súas aportacións gastronónomicas nos medios audiovisuais galegos.