Daniel Pérez siñalou que cada nova edición participa no encontro xente máis profesionalizada do sector da hostalería e expresou o seu agradecemento a todos os cociñeiros que usan o queixo San Simón da Costa na súa cociña. Tivo, ademais, un especial recoñecemento nesta ocasión para un dos máis recoñecidos restauradores galegos, Pepe Solla.
O sábado, Paula, gañadora do Master Chef Junior 4, preparou un taller de cociña para nenos na Praza da Constitución, mentres que, as sete da tarde, Pepe Solla foi o encargado de ler o pregón. O domingo, ao longo de toda a mañá, sucedéronse as intervencións en directo de Toño Lorenzo (Restaurante A Faragulla) e Iván Domínguez (Restaurante Alborada), que cociñaron diversos platos co queixo San Simón da Costa como materia prima destacada. Mentres, os distintos postos de venta apuraban unhas vendas consideradas igualmente significativas.
"Camiño da recuperación"
Despois da subida das vendas de queixo no 2015, o pasado año, os productores lograron un incremento do 1 por cento. Segundo o presidente da Asociación de Queixos San Simón da Costa, Javier Piñeiro, a comercialización do queixodesta denominación vai "camiño da recuperación" e aínda que non se están producindo os resultados de hai unha década, estase a crecer agora a un ritmo de entre o 3 por cento e o 5 por cento. No que se refire ás vendas no exterior, con varios frentes abertos xa anos atrás, estase pondo en marcha agora un importante mercado en Alemania.