Non sendo bo o día, coa ameaza de 'alerta laranxa' , recoñeceu o alcalde da localidade coruñesa a boa afluencia de xente. Para o rexedor municipal, a celebración do décimo aniversario era "unha alternativa a facer algo especial",e recoñeceu que, en 2017, a convocatoria "funcionou moi ben", ao igual que nesta nova edición.
Destacu que este fin de semana, acudiron novos postos de queixos que non se fan na parroquia, o cal dixo que é "unha nova liña enriquecedora que se quere ampliar considerablemente". Engadiu que se trata dunha festa de exaltación do queixo e do mel e que, polo tanto, as comida non é a protagonista, xa que "o churrasco podes facelo calquera día do ano", argumentou.
Confirmou nestre sentido que na próxima edición da feira, no sería de estrañar que houbese dez ou doce postos de queixo máis, pero de toda Galicia, xa que o que non se vai atender é a que o protagonismo sexa o dunha comida parroquial e que, en adiante, ese protagonismo pasaran a a telo os queixos.
Recoñeceu Valentín González que a celebración do encontro en outubro atende moi especialmente á produción do mel. Polo que, se se adiantase o feiral ao mes de agosto, o mel non sería o deste ano, " e o que aquí se vende, e un mel fresco", argumentou.
Foron diversas as novidades deste ano, en especial para os nenos, e non faltaron clásicos como os freixós, que camiño das dúas da tarde xa non se podían adquirir, á espera dos previstos para a meranda. Coincidindo coa hora do almorzo, xa se venderán 225 ducias de freixós.