Tamén estará presente o gañador dun dos premios dos 'World Cheese Awards'. Asimesmo, poderán mercarse queixos de Holanda, Suiza, Italia ou Francia. Serán tres días tamen dun intenso festival, de balde, sen faltar a fundamental colaboración de voluntarios e grupos de música locais.
O pregón, a cargo do xornalista Nacho Mirás, terá lugar o sábado 28 de febreiro, na inauguración oficial , a partir da una da tarde, no recinto feiral 'Terra do Queixo'.
Festival do queixo
O queixo estivo sempre acompañado por unha intensa programación de actividades, entre as que destaca, especialmente, o programa musical do Festival do Queixo como un dos eventos de referencia do panorama estatal.
A Festa do Queixo presenta este ano un festival cunha ampla e variada programación. con tres días de música para celebrar o 40 aniversario. Todos os concertos, de entrada gratuíta, terán lugar no campo da feira de Arzúa.
O cartel destes tres días de concertos está formado por Los Enemigos, The Giff, Kepa Junquera, Isma Romero, Treixadura, Caxade, Ruxe Ruxe, o grupo gañador do 'Queixo Maquetón' e os Dj Disconature DJ e DJ Floro.
40_festaqueixo_arzua_2015folleto.pdf |