O Concello pontevedrés das Neves espertou hoxe cun bo día, porque fixo sol, porque houbo moitos visitantes polas rúas, porque a actividade económica local volveu estar especialmente activa e porque a segunda xornada dedicada a exaltación do queixo e do mel local parece que colle novos folgos para callar. Despois da gran resposta de visitantes do Venres Santo, o feiral abríu as postas este sábado con éxito.
Na gran carpa da Praza Maior, celebrouse o tradicional 'Vermú musical' coa Coral Santa Mariña das Neves, un reclamo que foi parello á trasfega polas mesas do recinto das porcións do tracional requeixo, que moitos visitantes acompañaron cos bos caldos que hai pola zona.
Entre os viños non faltaron os que saen duna factoría tan próxima como a do Señorío de Rubiós, en todas as súas varidades de tintos e brancos, nas esencias albariñas, condado, mencía ou un espumoso condado branco para 'sacar un chapeu' que ben poidera ser -por coincidencia no día de celebración anual- o que tanto se alaba no concello lucense de Pedrafita cando se menta a figura externa do seu 'Cebreiro'.
Pechou este fin de semana a XXIX Feira do Requeixo e Mel das Neves cun excelente sabor de boca, porque foron miles os visitantes que acudiron á celebración. E para os adictos a este queixo tracional, tranquilidade, porque se pode mercar na páxina web dos fabricantes, que 'ameazan' -se a demanda axuda- coa doce previsión de chegar ás 16 toneladas de produto este ano.