Este último domingo de agosto, na Capela, con sol a rachar e o atractivo de máis de setenta postos diversos de venda, volveuse celebrar unha nova edición da Festa do Requeixo. Son xa 27 anos de proxección do requeixo nos que en maior ou menor medida participan todos, aportando o preciso, fundalmentalmente o terreo para as exposicións e incluso para o aparcamento dos coches. Este evento está impulsado pola Cooperativa Campo Capela e polo Concello da Capela.
Requeixo, festa e moito máis. Con ser a actividade festeira e económica máis importante do ano para o municipio, nas Neves hai anualmente acordos e transaccións no campo da maquinaria agrícola, artesá e de productos alimentarios. E multiplícanse as compras entre as variedades de queixos da Cooperativa.
Outras actividades
Colaboradora de excepción, a fotógrafa local, Vanesa Cebreiro, presentou nesta ocasión unha mostra local na Casa da Cultura, con imaxes e monumentos da zona.
O domingo 30 de agosto, os visitantes tiveron a aportunidade de asistir á exhibición canina e ás actuacións musicais de grupos como os gaiteiros de Alfaia, ou doutros como Caxade, a Requinta de Xián, Alxibeira ou Birimbao.
Nesta ocasión, acudiu como pregoeiro o o alcalde das Pontes e presidente da Deputación da Coruña, Valentín Formoso, quen resaltou o traballo da Cooperativa Capela desde hai medio século, remontando dificultades administrativas e loitando para impulsar os seus produtos.