QdeG/A.S.R.
Con neve ou con sol, a Feira do Queixo do Cebreiro ten éxito asegurado. A meteoroloxía terciou hoxe na montaña lucense por a presenza notable do astro rei, polo que non faltou a manga curta, aínda que no recinto feiral houbo unha certa prevención. Retencións 'suaves' xa antes do mediodía nos puntos acceso, permitían falar xa daquela que o feiral gañaba en número de visitantes en ralación con edicións anteriores.
O balance provisional é que este ano houbo "máis xente que en ningún ano anterior", con algúns postos de Cantabria ou coa presenza dun produtor queixeiro dos Alpes franceses. A previsión do alcalde do Concello de Pedrafita, Xosé Luis Raposo, é incrementar en anos sucesivos unha demanda de postos que este ano non se poido atender na súa totalidade.
Sol e neve
Lembrou Xosé Luis Raposo que un ano nevou e "tivemos boa feira", porque "nós, como vedes, hilvanamos todo para intentar facela, dentro do que cabe -porque pode haber un día malo-, e entón temos catro lugares onde cada un se instala segundo a denominación que teña. E funciona igual, aínda que chova ou neve", dí.
Tres queixerías
O balance da xornada no que se refire á asistencia cadra coa da Denominación de Orixe Protexida Cebreiro. A súa secretaria, María Teresa Prado, sinala que na proxección deste feiral funcionan ben "nos dous estremos", tanto o sol como a neve. E resalta tamén, ademais da variedade de productos que se poden atopar, a proposta de coñecer "unha zona turística tan bonita, como Pedrafita e ir tamén ao Cebreiro".
Aínda que a DOP Cebreiro non está medrando en quexerías, si que está aumentando a produción. De feito, unha delas terá que aumentar a cámara de curado para a abastecer a demanda que ten. A denominación elabora arredor de 40.000 quilogramos anualmente, que producen as tres queixerías que hoxe atenderon as demandas.
Pregón con mensaxe
Camiño xa da unha da tarde deste venres, tal como estaba previsto na explanada do feiral, fixo a xornalista Tamara Raposo un repaso da historia do queixo do Cebreiro, do seu esforzado proceso de recuperación e dese anónimo e o ímprobo labor das mulleres que foron precursoras para avanzar na recuperación -no seu labor doméstico- dun queixo que aló polo ano 1750, na historia xeral do Reino de Galicia, supuña "un dos mellores gustos e dos mais delicados do mundo", que o converteron no cuarto queixo máis caro de Europa.