Na actualidade, Daniberto está respaldada por dous socios, irmáns, e conta con seis traballadores que "intentamos que se sintan como da casa", resalta Daniel Pérez, un dos propietarios.
Os principais canais de venda da Queixería Dabinerto son as tendas,supermercados e a alta charcutería. Vende moito tamén en feiras en distintos puntos de España (de mostras, anuais, mercados medievais, feiras de época e doutras moitas clases).
Camiño dos 100.000 quilogramos de queixo ao ano
Daniberto produce anualmente uns 90.000 quilogramos de queixo, cun crecemento sostido anual cifrado arredor do 10 por cento. Esta evolución, destasca Daniel Pérez que se mantén desde o ano 2002. O exercicio pasado, a queixería pechou cunha facturación de 785.000 euros.
Como unha boa parte das quexerías da denominación San Simón da Costa, esta empresa está instalada na parroquia que lle da nome, no barrio de Pude, e máis concretamente na casa dos seus pais, que foron os que puxeron o negocio en marcha. Son 11 as queixerías que están baixo a denominación, das que sete, segundo os cálculos de Daniel Pérez, mantéñense na parroquia da que partiu o proxecto.
Produtos
Ademais do queixo de San Simón Costa, Daniberto produce queixo de Tetilla,e queixo do país ou 'Patelo' (en pezas de 800 gramos e tres quilogramos). No ano 2015 puxo á venda un queixo con pemento picante, un producto que está a ter unha moi boa acollida. Trátase nese último caso dun producto algo máis caro, marcado polas subidas do prezo do pemento e porque non se trata dun queixo de alta rotación.
A queixería traballa tamén "algo" co Corte Inglés e con moitas charcuterías. Conta con distribuidores nas catro provincias galegas que chegan ás pequenas tendas, algunhas das cales mercan tamén directamente a fábrica. Os supermercados Gadis son igualmente compradores preferentes.