Os afortunados terán este ano que entra, sen dúbida, un lugar destacado nas preferencias dos consumidores, interesados polos polas novidades que sempre supoñen as medallas de ouro, prata en bronce coas que se recoñecen os mellores queixos acollidos ás catro denominacións de orixe protexidas galegas.
A Queixería Don Crisanto (Vilalba-Lugo) acadou este ano nada menos que as medallas de ouro das denominacións Tetilla e San Simón da Costa; Dona Cobina, con fábrica en A Golada (Pontevedra), recibiu o galardón de ouro na denominación Arzúa-Ulloa; e Gran Despensa Real Abadía de Samos (Samos-Lugo) obtivo idéntico premio na denominación Cebreiro. Para os queixos curados, o ouro foi nesta ocasión para Artelac (Antas de Ulla-Lugo), na denominación Arzúa-Ulloa; e para a Queixería Santo André (Castroverde-Lugo), na denominación Cebreiro.
Máis de 34 millóns de facturación
As catro denominacións de queixos galegas facturan máis de 34 millóns de euros, segundo descatou hoxe o presidente la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na entrega dos premios. É unha cifra importante, que permite que tanto a Denominación Arzúa-Ulloa como a do Queixo Tetilla se sitúen nas primeiras posicións nas listas de vendas dos queixos españoles. Por produto comercializado, o Arzúa-Ulloa está no segundo lugar, e no cuarto o Tetilla, unha relación que queda no segundo e quinto lugar, respectivamente, se se fala do valor económico.
No acto estivo tamén o conselleiro do Medio Rural, José González, quen fixo fincapé na excelencia dos queixos galegos, ensalzando, en xeral, a "extraordinaria" calidade dos produtos agroalimentarios da comunidade autónoma.