Trátase dunha fábrica cunha plantilla que oscila entre as cinco-seis persoas -incluídos os vendedores-, que diariamente, con dous-tres coches en circulación, colocan os seus produtos tanto en restaurantes como en pequeños ultamarinos que hoxe, "por desgracia, están desaparecendo", lamenta Daniel Félix Torres Lea, administrador de El Labrador Estradense.
"E levamos o produto tamén a Santiago, Vilagarcía ou Lalín", argumenta, cun recorrido pola zona de Pontevedra- A Coruña, á área de influencia directa. Tamén traballa a empresa con Gadisa, no caso de Santiago e na zona da Estrada, aínda que "a gran aposta é pola venta diaria directa é en contacto co cliente", recalca Daniel Torres.
En 2015, esta empresa celebrou o 75 aniversario e o lema foi 'queixo de familia', porque, tal e como recoñeceu administrador, "somos unha familia todos". Teñen unha completa páxina web e un libro conmemorativo que reflicte ao detalle como foron as cousas desde 1939, xusto cando comezaron, rematada a guerra civil española.
El Labrador Estradense trata diariamente unha media de catro mil a cinco mil litros de leite, que supoñen, un mes con outro, entre sesenta mil e setenta mil litros de leite, o que sea traduce, a súa vez, entre sete mil e oito mil quilogramos de queixo. Anualmente, a facturación está nuns 400.000 euros.
A zona de Tabeirós-Terras de Montes non estaba aberta inicialmente á produción do queixo Arxúa-Ulla, pero co recoñecento, xunto coa zona do Deza, para traballar este producto, aumentou un pouco a súa fabricación baixo dita denominación de orixe protexida. Argumenta o admistrador de El Labrador Estradense que se trata dun queixo igual que os restantes galegos, pero cunha certificación cuns poucos máis de controis. No que se refire ao queixo de Tetilla, sinala que está no segundo posto. Hoxe, pola súa forma, polo corte ou polo que poida significar de cara ao consumidor, o Arzúa-Ulloa di que está máis no mercado.
Entre os productos que ofrece esta fábrica pontevedra está o coñecido o queixo de 'bola' , de trinta, corenta ou cincuenta días de curación. Coñécese como queixo de 'bola' porque imitou no seu momento na forma e na presentación ao holandés, que tiña antano, no 'Trebol' de Larsa, o seu o exemplo máis emblemático. Séguese a comercializar co seu parafinado tradicional vermello e co seu característico papel celofán. O seu particular sabor hai que buscalo nunha maior curación e nunha menor cantidade de materia graxa que no caso do Arzúa-Ulloa. Polo demais, o leite é o habitual.
Fabrica tamén esta empresa estradense queixo de barra, de gran saída nos restaurantes- para cortar e lonchear- en pizzarías e, por suposto, tamén para comercializar en tacos.
Séguelle na oferta 'A Ponte Vella' -do que se fala noutro apartado de queixosdegalicia.com, un queixo gallego de máis curación é que vai na procura de novos padales e demandas.
Queixo e marmelo
Hai anos atrás, a sobremesa tradicional non deixaba ser ser o queixo con marmelo. Daniel Torres afirma, que en Galicia "non deixamos de ser de queixos de sabores tenros", e non oculta que é un amante do produto, e que come queixo todos os días, "porque me apetece, porque me gusta; e como de calquer queixo", asegura. Non é estraño, porque como el mesmo lembra, a sobremesa máis tradicional que había desde hai unhas boas décadas a esta parte era o queixo con marmelo, aínda que este último chegase ás tendas procedente de Puente Genil, en grandes latas, e se consumira a granel nos nosos fogares en porcións. Cabe lembar, neste punto, que Puente Genil (Córdoba), ten hoxe un lema: "donde el sol se hace dulce".
Apunta tamén Daniel Torres que, hoxe, afortunadamente, os grandes restauradores xa traballan cos queixos, e que nas guías hai grandes receitas co produto.
Premio e futuro
El labrador Estradende participa todos os anos na Cata de Queixos de Galicia, na que se vai colocando, un ano con outro, entre os dez primeiros clasificados dunha ou otra das denominacións coas que traballa. Nesta última edición obtivo o segundo premio para o Queixo de Tetilla.
Á hora de falar de proxectos e do futuro, Daniel Torres fala de "continuar", e non oculta que está e meses das xubilación e aínda que ten dous fillos, cadanseu coa súa profesión. Non desbota continuar algo máis, mentres se aclara a continuidade e recoñece que ser queixeiro é moi sacrificado.