As actividades iniciaranse ás dez da mañá, co tradicional lanzamento de foguetes de artificio. Media hora despois procederase á asignación dos postos de venda e ás once e media abrirá o feiral.
Haberá pasarrúas, a cargo da Banda de Tambores As Angustias de Ferrol, a Charanga de Vilalba e a agrupación local Xesta Verde de Friol, que terán continuidade ata as dúas e media da tarde. Ás oito do serán comezará a festa, coa actuación da orquesta 'Filadelfia.
9.000 queixos, 2.500 pans
Segundo as primeiras estimacións, a esta nova edición espérase que acudan unhas 90 queixeiras , cunhas 9.000 pezas á venda, fronte aos 2.500 pans que se espera que estean a disposición dos visitantes.
Os queixos elabóranse na práctica totalidade das 29 parroquias que conforman este municipio lucense. Os prezos de venda están en función de tamaños e grao de curación, aínda que para a ocasión, o rexedor municipal, Antonio Muíña, pediulles por carta aos produtores una maior atención na produción e presentación do queixo, de tal xeito que se poida ir cara a una unificación que se entende que redundará en beneficio de todos.
Onde non haberá diferenzas será no prezo do pan, xa que os catro panadeiros que acoden da parroquia de Ousá cocerán pezas cuxo prezo que estará ao redor dos 2,50 euros.
Xunto coa proposta do pan e o queixo, nun recinto feiral que contará cunha gran capa, os miles de visitantes que se esperan terán outras como como as dos postos artesanais e agropecuarios e a do polbo.