Queixo e pan locais vendéronse na gran carpa da Praza de Andón Cebreiro, arredor da cal volvéronse colocar os postos nos que se puideron mercar diferentes produtos agroalimentarios do municipio, como carne, mel ou ovos.
Na Praza de Rosalía de Castro tamén se deron cita postos destinados á exposición de produtos de diferentes sectores, entre eles a artesanía, o textil ou viños e licores.
Como xa ven sendo habitual en cada feira, ao carón da carpa principal, no posto instalado polo concello, os asistentes degustaron na xornada dominical os dous productos locais, acompañados dun viño.
Un feiral de referencia
A Feira do Queixo de Friol e Pan de Ousá -que celebrou a súa 27 edición- ten un recoñecido prestixio, que se reflicte cada ano nunha asistencia multitudinaria, que logra triplicar ano tras ano a poboación do municipio, segundo as contas que fai o alcalde do concello, José A. Santos Sánchez, quen non dubida en sinalar tamén que esta importante afluencia coloca a Friol nun lugar de referencia na comunidade autónoma.
Trátase dunha feira que medra ano a ano -que se moderniza- pero que o concello -organizador do encontró- considera que debe seguir mantendo a súa esencia, ofrecendo produtos totalmente artesanais como o o pan e o queixo locais.
Para fomentar o potencial turístico está impulsando o concello diversas accións, entre elas a solicitude para que a feira sexa declarada Festa de Interese Turístico Galego por parte da Xunta de Galicia. Trátase dunha resolución da Administración Autonómica que se presume inminente e que lle dará máis prestixo ao enconto anual.