Pero o domingo, día 26, como ven sendo xa tradición, antes incluso de que se procedese ao peche da carpa do recinto feiral no que se ofertan os queixos e o pan que se fai en Friol, non quedaba nada que poder mercar. Foron, segundo as estimacións iniciais do concello, 10.000 queixos e 3.500 peas de pan a venda.
Para quen chegou a última hora en busca dos produtos locais, non faltaron postos de venda nos arredores, cunha ampla oferta de pan e queixo de distintos puntos de Galicia, boas propostas, de queixos artesanais da zona de influencia, e pan de toda a Comunidade Autónoma.
O mesmo que o ano pasado...
Pero quen queira vir a Feira de Friol para facerse con queixo e pan do municipio, debe ter en conta que hai que chegar en tempo, antes de que o grande reloxo da praza dea, baixo a carpa que se monta para ocasión, as dúas tarde. Incluso media hora antes, empezan a escasear xa os produtos.
Chegando ás tres, xusto cando se consumou xa o traslado dos visitantes a locais ás instalacións feirais para repoñer forzas, colle folgos o polbo a feira, a carne ao caldeiro, a braseada que recende desde os arredores e, se acaso, un queixo traballado desde un aperitivo ou entrante, ao complemento nun prato, á quintaesencia nunha receita culinaria, ou presentado nunha sobremesa grandiosa. Niso parece que están os que traballan nestas amalgamas culinarias. O queixo está cada vez máis presente e soprende cada vez máis. E, as veces, como en Friol, o que chega tarde...