A pandemia foi tamén banco de ensaio para a creación de empresas, como a que puxeron en marcha dous socios en Vilar dos Santos (Ourense) para elaborar queixo de cabra, buscando novos sabores para o producto con complicidades como a das trufas, as mazás ou o internacional toque ao pesto.
A aposta era elaborar queixos diferentes, libres de conservantes, e buscando a innovación cara ao consumidor. E colaborando tamén co que se produce na contorna, como a castaña, xusto nunha provincia onde este último produto goza dunha gran calidade e aceptación.
Queixería Gaia transforma en queixo cada semana uns 3.000 litros de leite, nun proceso concebido para ir medrando "pouco a pouco", según refire un dos socios, José Ignacio Macías Castaño, quen sinala que actualmente estase e elaborar queixo fresco, para ir nuns meses tamén a oferta de curados, que sairán pronto á venda.
Moitas das cabras da cabana deste produtor queixeiro proceden de Monforte de Lemos (Lugo) e outras son de Benavente (Zamora). O queixo estrela nestes momentos e o de cabra con trufa, un producto costoso ao que se une a circunstancia de que non hai moito á venda. Outro dos queixos que máis se vende é o de castaña, polas connotacións do 'marrón glacé', que desde esta provincia sae para o mundo co cuño de delicia para o padal.
Para mostra, un botón, o de trufa leva un cinco por cento deste produto. Está elaborado con queixo de cabra pasteurizado, insiste o fabricante que "sen conservantes", e un 30 por cento de materia graxa. É este un queixo fresco que non só se presta para comer con pan, senón para traballar na cociña, como pode ser o de cabra ao pesto, ideal para facer unha salsa para engadir a unha pizza, a uns espaguetes, a unha tosta ou unha hamburguesa. A versatilidade é un dos seus mellores atributos neste terreo.
A Festa do Queixo San Simón da Costa foi unha das plataformas nas que se puxo a proba a aceptación dos distintos productos de Queixos Gaia, con "óptimos resultados", segundo, José Ignacio Macías. En materia de promoción a queixería está asistinto a diversas mesas de negociación e a distintos eventos queixeiros e de alimentación que se celebran en grandes cidades españolas como Madrid ou Barcelona. Tamén se está promovendo á exportación.