As cifras achegounas a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, na XIX Cata dos Queixos de Galicia, o pasado 21 de decembro, no municipio coruñés de Touro. A titular do Medio Rural resaltou o traballo de todos os produtores e industrias que, como no caso da industria láctea, "fan dos nosos productos un referente culinario dentro e fóra das nosas fronteiras", asegurou.
O obxectivo da Administración Autonómica é seguir apostando para que o sector da alimentación manteña o seu peso no mercado nacional e internacional e que acade a sona que merece grazas a calidade dos produtos galegos e a o traballo e esmero dos produtores e das industrias.
De feito, Galicia, con 30 denominacións e indentificacións, está entre as primeiras comunidades autónomas españolas en canto á identificación de produtos de calidade diferenciada, sen contar os catro selos que actualmente se atopan en trámite.
Todas estas producións son para Ángeles Vázquez, un "baluarte" do sector agroalimentario galego e teñen unha gran importancia tanto no plano social -ao implicar a máis de 28.000 produtores e máis de 900 industrias- como no económico, xa que segundo os datos da Xunta, o valor en orixe da produción certificada supera os 370 millóns de euros.