Este produtor elabora desde hai máis de 70 anos o queixo de Moeche "de toda a vida", que vén ser o queixo do país de sempre, aínda que coa peculiaridade de que na súa maduración empréganse arredor de 15 días máis. Fabrica tamén un 'Tetilla' e, xunto co tradicional queixo de barra, presentou o o pasado ano o queixo 'Ecolóxico', preparado con leite pasteurizado de vaca e baixo a a tutela co Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega).
Produción e emprego
Lácteos de Moeche produce diariamente uns 2.000 quilogramos de queixos, o que a converte nunha empresa camiño de mediana no sector en Galicia, que conta cunha fábrica "bastante mecanizada e automatizada, en palabras de Juan García, quen afirma que lle gusta predicar que "o queixo faise con máquinas", e que non fai falla facelo coas máns.
Na fábrica traballan 14 persoas e os seus produtos véndense integrante en Galicia. Van, fundamentalmente, para as grandes áreas, pero tamén para as tendas tradicionais, aínda que recoñece o fabricante que neste último caso o mercado "vai indo a menos". Actualmente, unha parte significativa dos produtos van parar aos andeis de Gadis, Froid, Eroski, Carrefour e Alcampo. Todo iso sen esquecer as tendas gourmet. Desde o ano pasado tamén están nas tendas ecolóxicas, co seu produto propio.
O leite con que se fabrican estes queixos é pasteurizado, mesmo o que se utiliza para a elaborar a 'Tetilla', sen esquecer o 'Nabiza' de sempre, moi mantecoso e suave -con moi pouca acedume e casi untable polo brando que é-. Trátase este último dun produto que resalta Juan García que se podería identificar co Arzúa-Ulla.
Queixo tradicional
Ironiza que lle gustaría estar con este queixo dentro da Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulla, que "estiran, pero non chega tan arriba", aínda que resalta que na zona norte da Coruña, na que se atopa a súa fábrica, "hai moi boas queixerías" e cita Queserías del Eume, Campo Capela, Lorán, Prado e outras moitas que "están fóra desas denominacións de orixe". Argumenta que "somos moito máis antigas" e que fan un queixo máis tradicional, para engadir que "son temas xeográficos que non imos poder cambiar, loxicamente".
Lácteos de Moeche ten unha facturación anual que se aproxima aos dous millóns de euros, cifra que pretenden mellorar ao peche de 2019, aínda que non parece ser esta a maior preocupación para a empresa, senón a de facer un queixo de calidade que teña aceptación no mercado.