É este un queixo "untuoso, con toques herbáceos e sen sal", en palabras do presidente da Cooperativa Condado Paradanta, Alejandro Martínez, e auténtico impulsor deste manxar, quen asegura tamén que se trata dun produto que pode manterse en estado óptimo quince días, polo que se pode enviar a calquera punto de España, e iso, dun día para outro. A partir dos tres ou catro quilogramos, o transporte pode ser gratuito.
Lucía Freitas, pregoeira
Actividades educativas do mel e do requeixo para os nenos, cociña en directo para aprender a sacar o potencial destes produtos ou a Ruta BTT 'O Requesón' constitúen algunhas das actividades desenvolvidas nos días anteriores e posteriores á xornada central da feira.
Mañá venres pose todo en marcha ás once da maña. Acto seguido haberá pasarrúas e concerto da Banda de Gaitas A.C. Pontenova de Salvaterra.
Ás doce toca pregón, a cargo da recoñecida cociñeira Lucía Freitas, do restaurante santiagués 'A Tafona' e integrante do 'Grupo Nove', que cociñará de cara ao público asistente na Praza Maior de As Neves. Durante o pregón, entregaranse os premios do I Concurso de Receitas Requeixo das Neves. E, a unha da tarde, degustación do requeixo na Praza Maior. As actividades continuarán pola tarde e o sábado, día 31.