A feira abrirá ao público ás dez da mañá, con propostas como os postos de mel, queixo e artesanía, unha exhibición de motos e coches e un obradoiro de barro e candeas. Ás 11 da mañá terá lugar un obradoiro de elaboración de queixo para nenos.
Ás dúas da tarde, as mesas de inmensa carpa do recinto feiral é de esperar que estean xa abarrotadas de comensales para dar conta da proposta culinaria deste ano. Velaquí os pratos: sopa, cocido, requeixo, mantecadas e freixós. O prezo da comida é de 20 euros e os nenos menores de 10 anos terán cuberto gratis.
En para os que chegaron tarde e para os que queiran recuncar, alá polas cinco da tarde, haberá meranda coa oferta do queixo do Eume e o mel de Goente -a parroquia na que se celebra a feira- ademais de mantecadas e freixós.
Obradoiro, exhibición canina, verbena
Pero unha hora antes, as catro, comezarán os xogos populares, cun obradoiro de pintacaras e tatuaxes, xymkana de probas por equipos e o 'master class de Zumba Kids'.
A exhibición canina, ás seis da tarde, centrarase na instrución de obediencia e protección. Unha hora despois farase a entrega de premios e, a partir das oito do serán, a verbena, coa que se porá peche a edición do feiral este ano.