E pola rúa que cruza a vila e nos arredores, faltaba espazo para novos postos, polo que un ano máis, os que chegaron despois do mediodía, tiveron que dar máis dunha volta e tiveron que aparcar en moitos casos nas aforas.
A una da tarde, tal e como estaba previsto, a encargada de dar o pregón este ano, a xornalista Pilar Cheda, referiuse ao queixo do Cebreiro como o resultado "dun xeito de estar na terra" e tivo palabras de recoñecemento para o esforzo que a diario teñen que facer os habitantes desta parte da montaña luguesa onde aseagurou que vivir "exige un sobreesforzo" non só xa para deseanvolver as actividades do día a día a día, senón para poder acceder aos servizos en pe de igualdade con outros moitos lugares.
Por iso, non dubidou en reclamar un reparto de medios que lle permita ás xentes da montaña manter "una vida digna", entendida, fundamentalmente como un dereito, reclamando compensacións para situacións de desvantaxe que como neste caso se producen entre a poboación do rural.
Non desaproveitou tampouco a ocasión a xornalista para invitar aos asistentes a visitar as casetas e consumir a adquirir productos do país, un dos mellores xestos que en pleno feiral se podía facer pola actividade económica da zona.
E claro, defendeu tamén os queixos da Denominación de Orixe Protexida Cebreiro, dos que veu a significar que "valen moito máis do que piden por eles". Desde logo, este produto moi valorado xa no século XVIII, no que este produto chegou a venderse nas cortes de Lisboa.
Tal e como recolle a propia páxina web da denominación de orixe, os Reis Católicos, Carlos III ou Isabel de Portugal foron algún dos monarcas que se sabe documentalmente que coñeceron o queixo do Cebreiro, un produto que "no século XVII era o cuarto máis caro do mundo" pero que en 1989 só se fabricaba para autoconsumo.
Hoxe, este manxar, tal e como sinalaba hai uns días o alcalde de Pedrafita do Cebreiro, José Luis Raposo, un dos promotores da feira, "é un producto que se quita das máns", polo que non dubida en sinalar que na Denominación de Orixe Protexida aínda caberían máis queixerías e máis queixeiras .