Como antano, hoxe segue habendo pequenos produtores de requeixo e non agocha o presidente da Cooperativa Agrícola Condado-Paradanta, Alejandro Martínez Rodríguez, que grazas ao seu labor se pode degustar aquel requeixo tradicional, que agora se leva "a todos os puntos de Galicia" e "xa estamos presentes tamén en moitos puntos de España", afirma.
Desde hai máis dun cuarto de século, na capitalidade deste municipio do sur de Pontevedra, celébrase a festa de exaltación do produto. Unha convocatoria con outra, son arredor de 10.000 visitantes os que pasan polo encontro. A maioría aproveita pra xantar e bota por riba o requeixo que é a sobremesa estrela da feira. Tamén hai quen o leva para a casa, pero durante a xornada sérvense máis de 4.000 degustacións, con mel, arándanos, frambuesas, amoras ou grosellas, que tamén elabora a cooperativa agrícola.
A celebración non ten perda no calendario. Indefectivamente, na festivade do Venres Santo de cada ano exáltase este produto, que lembra Alejandro Martínez que se pode tomar en calquera momento do día: almorzo, xantar, merenda ou cea.
Son 16 toneladas de requeixo as que se producen anualmente. Cada cacho de queixo que se pon á venda -unha pequeno bolo- pesa 83 gramos. O prezo da ducia destas unidades é na feira de 13 euros. O requeixo véndese, tamén, por medias ducias e por cuartos, que era tradicionalmente a forma de facelo. As doce unidades van camiño do quilogramo de peso.
Cooperativa de base familiar
A Cooperativa Condado-Paradanta conta cunha ampla base familar. Perdeuse o cupo e o leite tráese agora de zonas próximas, onde existen unhas cualidades organolépticas moi parecidas ás de outrora, que fan recordar "os tempos de antes".
Coa pasta aceda que se elabora, "moi boa", en palabras de Alejandro Martínez, poderíanse facer outros queixos. Pero non se quere dar o salto e facer outros produtos de moita calidade que xa fan outras marcas, porque pode que non se chegase a ese nivel. Por iso, "queremos seguir facendo o que sabemos e que é o no ADN, xa nos vén dos nosos avós, ao carón dos que forman parte desta cooperativa", argumenta, porque "de feito, a que era a mestra queixeira ou requeixeira, era a miña sogra, e agora é a súa filla. E xa van facendo as súas prácticas, con 13 e 14 anos, a miña filla e a milla sobriña, que están aprendendo a facelo.
Produto natural
No que se refire á conservación, "é a que ten que ter", posto que se trata dun producto con "leite, cuallo, femento lácteo e cariño", que non leva ningun conservante. A duración é, en estado óptimo, de quince días. E pódese levar a calquer punto de España dun día para outro. "Se se chama á cooperativa antes das doce da mañá, ao mediodía seguinte está no seu destino", asegura o presidente da cooperativa. O transporte pode ser gratuito a partir dos tres ou catro quilogramos solicitados. "O prezo é ao que se compra aquí", engade.
A conservación e óptima no frigorífico, a unha temperatura de 3,4,5 graos. O produto preséntase nunha caixa aberta, non termoselada, co que se pode utilizar unha parte e gardar o resto, ques se segue conservando.
Este requeixo é untuoso, con toques herbáceos e non ten sal. Ao contrario que outros de excelente factura que tamén se fan en Galicia, é para comer con garfo e non con culler. En calquera, caso toda unha tentación para o padal.