De caste lle ven ao 'Señorío' (de Anzuxao)
Para a fabricación de todos os produtos de Lácteos Anzuxao (Madriñán/Lalín/Pontevedra), o leite pódese dicir que o mesmo sempre. Pero dependendo dos tipos de fabricación, sobre todo no que se refire ao tema do secado do grao da cuba ou das temperaturas, faise o 'Señorío de Anzuxao', que logo se deixa madurar por espazo de 60 días, dándolle esa cor tan particular que ten por fóra este queixo, un verde oliva, en un sabor moi especial.
O 'Señorío de Anzuxao' non se pode dicir, segundo o fabricante, neste amplo, variado e glorioso mundo dos queixos, se é modelo que se segue ou réplica dalgún xeito doutro. Se acaso, sinala o xerente-administrador da fábrica lalinense, Javier Sampayo, que ao final trátese, neste como noutros casos, de que todos "imos ao mesmo", facer un queixo máis curado, cunha cera similar á do 'Señorío' por fóra.
O primeiro que se fixo así "foi o Palo Santo de Cuntis", recoñece, para engadir que o Señorío véndese moi ben, porque se trata dun queixo de barra, máis madurado e que "a xente lle gusta moito". Fáise este produto en pezas de 3,5, 2 1 un quilogramo, aproximadamente.
O destino do Señorío, como sucede na ampla gama de productos de Lácteos Anzuxao, é Galicia, aínda que unha pequeña parte véndese en varias tendas de Madrid. A provincia de Ourense, e neste, como na maioría dos productos da fábrica, o que rexistra mes a mes un maior número de vendas. Javier Sampayo afirma que para el, o Señorío de Anzuxao casa ben con calquera viño galego, mencía, alvariño, godello,do Salnés...

'Palo Santo', o milagre dun sabor que non cansa
'Palo Santo' é un queixo que ten o seu nome e a súa orixe no mosteiro pontrevedrés de Cuntis, onde, segundo conta a tradición, os monxes utilizaban un pau para remexar a callada. A empresa Central Lechera Gallega S.A. retomou idea e produto dos fabricantes anteriores e introduciu melloras que se resumen, fundamentalmente, nun queixo cunha textura máis suave, semicurado e capaz de conservarse durante máis tempo.
É este, polo tanto, un queixo de vaca semicurado, con máis sabor e, o que para os seus impulsores parece un reclamo fundamental: un sabor que non cansa. Falamos dun regusto que deixa gañas de seguir probando, cunha suavidade que non cansa.
Trátase, en palabras da xefa de compras deste empresa radicada no municipio pontevedrés de Cuntis, Estafanía Rozados, dun queixo non demasiado cremoso, que non se pega á boca, o que fai que gañe adeptos entre os que non lle gusta tanto o queixo, incluídos os máis pequeños.
Pero o certo é que o 'Palo Santo' ten parte da súa fundada boa sona en todo aquilo que fala directamente do seu nome e tradición. Non só en Galicia, senón en puntos de venda como Madrid ou Barcelona, nos que se inclúe tamen a lenda do queixo, que a xente demanda e que gusta de saber naquilo que se refire á súa procedencia.
O 'Palo Santo' pódese encontrar en Galicia en prácticamente todos os supercados, en diferentes formatos, incluídas as cuñas de 380 gramos que proceden dos queixos máis grandes, de dez quilogramos.
Imitadores, si; fraude, non
Aseguran na Central Lechera de Galicia, que o 'Palo Santo' ten cada vez máis imitadores. Iso quere dicir que o queixo gusta e que ten saída no mercado, pero non están dispostos a que se vendan como se fosen 'Palo Santo' productos que non o son. Para iso, traballan nesta empresa en medidas como gravar o produto arredor coa súa marca identificativa, en evitación de prácticas que sinalan que lle están a quitar, en ocasións de forma fraudulenta, mercado.
Ademais de Madrid ou Barcelona, o queixo 'Palo Santo', abre mercados en autonomías como a asturiana, e ten vendas tamén desde fai anos en Estados Unidos. Desde que a empresa está no Cluster da Alimentación, o obxectivo está en potenciar a saída cara a exportación.Actualmente, ás vendas deste queixo no exterior están arredor do 10%. No que se refire á comunidade autónoma, ten moito tirón o ' Palo Santo' para introducir outros productos de Central Lechera Gallega.