Procedencia: Ponte Liñares
Callobre, número 11
A Estrada (Pontevedra)
Fabricante: Queserías Daniel Torres
(El Labrador Estradense)
Tipo de Leite: Pasteurizado de vaca
Tamaños dispoñibles: 0,900 quilogramos e 1,450 quilogramos
Tipo de queixo//Decrición: Trátase dun queixo circular con codia parafinada amarela. Pasta con algún ollo, de cor amarela palla, olor graxo e textura firme. O sabor é amargo, cun regusto a manteiga, froitos secos e tona.
Suxestións de consumo e conservación: Destaca o fabricante que ademais de só tamén se pode ofrecer o contrapunto curioso para algunha crema de verduras, como pode ser a de cabaza. Un bo viño branco é un excelente complemento para o seu consumo e tamén unha cervexa. No que se refire á conservación, non plantexa problemas, tendo sempre en conta -sobre todo, unha ver aberto- que hai que mantelo nun ambiente fresco ou botando man na neveira coa protección dun pano para evitar que se poida resecar.