Queixo: 'Arzúa-Ulloa curado',
de Queixería Artelac.
Procedencia: Outeiro - Amoexa, 3 27579 - Antas de Ulla - Lugo.
Tipo de leite: Leite de vaca pasteurizado.
Tamaños dispoñibles: Redondo,
de 800 gramos de peso.
Ten forma cilíndrica e unha cor amarela intensa. A súa pasta é moi compacta e destaca no nariz o seu aroma a manteiga, cunha sensación olorosa penetrante e con certo picante. Na boca, predomina o gusto a manteiga, con lixeiras notas a vainilla e froitos secos. O seu sabor é algo máis salgado e o seu amplo periodo de curación fai que se caracterice pola súa dureza, de difícil corte e que se pode fracturar en estelas, principalmente nos bordos, segundo recalca para este tipo de queixos a propia DOP Arzúa-Ulloa.
Suxestións de consumo e conservación: Como todos os Arzúa-Ulloa, esta proposta dá un excelente xogo nas sobremesas e un bo viño tinto galego de certo corpo pode converterse nun dos seus mellores aliados.
Unha vez aberto, un consello para a súa conservación pasa por tapalo cun pano lixeriamente húmido no frigorífico, pero non hai que olvidar que é queixo moi curado que debe ser degustado sen as demoras que se lle poden dar a un Arzúa-Ulla cuns días de maduración.
A Queixería Artelac ten acaparado diversos premios. Un dos últimos foi a distinción de ouro nas Catas de Galicia de 2021 na modalide, precisamente, de Arzúa-Ulloa curado.