Queixo: 'Graxo curado' de Queixería do Crisanto
Procedencia: Moreda-Lanzós
Vilalba (Lugo)
Tipo de leite: Leite pasteurizado de vaca
Tamaños dispoñibles: Redondo,
dun quilogramo, e en formato tamén
de 3 quilogramos.
Tipo de queixo//Descrición: Trátase dun queixo que polo seu aspecto exterior puidera parecer que procede de Castela. Pero faise en Vilalba, só con leite de vaca, o que lle da un sabor un pouco máis suave, algo que recalca o productor que busca moitas veces o comprador, un queixo tipo Castela pero non tan forte.
Con esa idea se fixo. Con esa idea e coa posibilidade de engadir unha proposta nova aos tradicionais queixos de San Simón da Costa que fabrica Don Crisanto, xunto co seu patelo ou queixo de país e co seu requeixo.
Suxestións de consumo e conservación: Calquera viño galego vai ben con este queixo, aínda que non desbota o produtor adentrarse noutras experiencias como pode ser a de tomalo con sidra. Recoméndase como entrante ou como sobremesa e quedan por explorar as súas posibilidades na cociña. Xunto con todos os datos de interés que se inclúen na etiqueta deste queixo está o de que se conserve refrixerado, para manter as condicións óptimas para o consumo.