Queixo: Lara & Sara, queixo azul de Queixerías Prestres
Procedencia: Polígono Industrial Sete Pontes Parcelas 49-50, 27816 Vilalba, Lugo
Tipo de leite: Leite enteiro pasteurizado de vaca
Tamaños dispoñibles: Pezas de 600 gramos e dous quilogramos, aproximadamente
Tipo de queixo//Descrición: Queixo de textura firme, lisa e fácil de untar, dun tan sorprendente como agradable sabor suave, que asegura o fabricante que non afoga o resto dos ingredientes cando se utiliza na cociña. Trátase dun produto elaborado a partir de leite enteiro pasteurizado de vaca, callo, fermentos lácteos penicillinium roquefortii, cloruro cálcico e sal.
Suxerencias de consumo e conservación: Excelente en salsas de queixo azul, ensaladas, recheos para tartaletas e canapés ou salsas para carne. Ideal para untar en pan torrado. Consómese tamén como sobremesa, con froitas como fresas, peras ou pexegos. Recoméndase disfrutalo cun viño de Xerez, Porto ou viños tintos robustos e fortes.
Premios: A queixería vilalbesa obtivo un rotundo éxito en 2014 na World Cheesse Awards, celebrada en Londres, coa medalla Super Ouro para este queixo. Tamén foi recoñecido este queixo en 2016 na World Cheese Awards,, neste caso en San Sebastián, cunha medalla de bronce na categoría de queixos azuis.