Queixo: 'O Camiño', de Cooperativa Galega Hoxe
Procedencia: Borralla, 34
36512 Lalín (Pontevedra)
DOP: Arzúa-Ulloa
Tipo de leite: de vaca, pasteurizado
Tamaños dispoñibles: pezas de 740 gramos
Tipo de queixo//Descrición: A Cooperativa Galega Hoxe vén de facer con este novo produto "unha homenaxe, unha lembranza", ao Camiño de Santiago e a tantos peregrinos que visitan Galicia e pasan por esta queixería lalinense, que se atopa en plena Vía da Prata, co Camiño Sanabrés e o Camiño de Inverno. E nada mellor que facelo que ás portas do Xacobeo 2021.
As características deste queixo veñen marcadas polas pautas que impón o Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida (DOP) Arzúa-Ulloa. Trátase dun produto suave con sabor lácteo e un toque lixeiramente acedo, pouco salgado e manteigoso. É de pasta cor branco marfil con poucos ollos e corteza fina.
Aquí, na fábrica lalinense, elabóranse queixos desde fai mais de 40 anos de forma tradicional, con callada enzimática en cuba, enchido de moldes e prensado. O secado fáise en cámaras con control de humidade e temperatura e logo envásase segundo as distintas variedades en caixas de cartón. O queixo de Cooperativa Hoxe é un produto totalmente natural, obtido por callado enzimático do leite de vaca con alimentación en pastoreo na maior parte do ano.
Na súa elaboración só se empregan materias primas naturais, leite, callo, fermentos lácticos e sal.
Este, como os restantes queixos da marca, non contén ingredientes con colorantes nin aromas e só os que levan codia se recobren con conservante de uso alimentario para que non teñan mofos.
Suxestións de consumo e conservación: 'O Camiño' preséntase como un manxar con marmelo, con mel de Galicia, con pan artesano ou mesmo só. Fácil de usar na cociña porque funde moi ben, por exemplo, en pizzas ao forno. É bo tamén para fritir e incluso para untar sobre pan ou nas coñecidas galletas 'mariñeiras' galegas. Pero as posibilidades gastronómicas van moito máis alá.
O tempo de maduración fíxase a partir de oito días.
Combina estupendamente con viños brancos novos, ácedos e frescos, como os Ribeiros ou con tintos galegos novos.