Nome do queixo:
'Queixo de Tetilla'
Procedencia:
Cuntis (Pontevedra)
Fabricante:
CentralLechera Gallega
Tipo de leite:
Pasteurizada de vaca
Tamaños dispoñibles:
550 gramos, 750 gramos (o máis demandado) e un quilogramo.
Tipo de queixo//descrición: A Central Lechera Gallega foi a primeira empresa en facer de xeito industrial o queixo de Tetilla, que con anterioridade se facía nas propias casas. A súa materia principal e o leite de vaca de raza frisona, pardo alpina e rubia gallega ou cruze delas, pasteurizada galega ao 100 %.
Trátase dun queixo de pasta blanda, cremosa e uniforme. Ten unha cremosidade na boca e un sabor moi natural. A sua codia é fina, elástica e de cor amarillento.
O mais destacado de este queixo é a sua forma cónica, cóncavo-convexa que ó diferencia de todos os demais, un formato tan característico como positivo para a sua elaboración. O seu cheiro e sabor suave e lixeiramente acedo, xunto a sua textura cremosa suave, faio ideal para calquera padal.
Suxestións de consumo e conservación: Os mellores lugares para a sua conservación, recorda o fabricante que son adegas ou sitios frescos e ventilados, onde non haxa humidade. Se os consumidores non dispoñen dun lugar destas caracteristicas, é recomendable que conserven o queixo na parte máis baixa do refrixerador, e dicir na menos fría (que he onde mellor se conserva) (entre 5-8 graos). Unha vez que se queira facer consumo del, débese sacar, como minimo, dez minutos antes, para que recupere todo o seu aroma.
A degustación debe producirse co queixo a 16-18 grados, deste xeito, libéranse todos os cheiros, aromas e texturas. Unha vez consumido, se se quere volver a gardar no refrixerador, recoméndase que se envolva moi ven cun pano ou ven nun film, pero sempre moi ven envolto, para que non teña problemas de coller moho.
É este un queixo que tanto se pode tomar só, con marmelo, como para preparar calquer tipo de comida. É dicir, que hai variedades múltiples de receitas para traballar con el, por que é un queixo que se preta moito para a cociña.
O queixo é un producto que ten consumo prefente, é dicir, que aínda que non se coma o queixo na data reflictida na etiqueta, non hai problema para poder consumilo. Lembra o fabricante que este queixo ten un consumo preferente corto, é dicir de tres meses aproximadamente. Isto débese a que é un queixo fresco e canto mais tempo pase vaise minguando e póndose mais duro, e collendo un sabor mais forte.