Queixo: 'Fresco', de Leite Ulla
Procedencia: A Riveira, 1, Santeles,
A Estrada (Pontevedra)
Tipo de leite: de vaca crú
Tamaños dispoñibles: pezas
de 500 gramos e de 1 e 1,5
quilogramos por encargo.
Traballar con leite crú ten incovintes á hora da fabricación, por ser un proceso máis complicado, pero o resultado é o queixo que se facía antano, mentres que o pasteurizado é do que máis abunda no mercado.
É este un queixo artesán que se prensa ou se escoa para introducilo rapidamente no mercado. E hai que consumilo con rapidez, "a xente que pide queixo fresco quéreo da véspera ou da antevéspera, non quere queixo de hai quince días", argumenta o fabricante.
Aínda que se trata dun produto no que se lle retirou a tona, cómpre sinalar que a materia graxa non se comporta do mesmo xeito nos queixos frescos que nos madurados. Quere dicir isto que cando se trata do fresco, as graxas non están tan saturadas. "De feito, os médicos están aconsellando que se queres queixo, comas queixo fresco", lembra o fabricante.
Suxestións de consumo e conservación: Á hora de casar produtos e sabores, e tirando das experiencias de compradores desta marca, hai xente que o utiliza para tomar con marmelo, ou con anchoas (aínda que neste último caso recoméndase especialmente o queixo curado de Leite Ulla), pero como para gustos existen tamén sabores, hai a quen lle vai ben con azucre ou con marmeladas. E mesmo se leva á " sartén" para elaborar diversos pratos. Confiemos que nos cheguen algúnhas destas últimas receitas.
Un queixo 'fresco' de vinte días, de se manter as normas elementais de conservación, pódese levar perfectamente á mesa, o que sucede é que vai cambiando o sabor ao tempo que madura.
Tres, catro, cinco días ou, como máximo, unha semana, é o tempo de espera deste 'fresco' na neveira da casa. Unha vez encetado, chega con envolvelo nun simple pano, cunha reixa no fondo que facilite a perda de soro. Pero non hai que esquecer que é queixo de consumo rápido.