Queixo: 'Mouro', da Cooperativa de Produtores Campo Capela
Procedencia: Os Calzados s/n
A Capela (A Coruña)
Tipo de leite: queixo tenro, de pasta branda, feito con leite cru, con dous meses de maduración
Suxerencias de consumo e conservación: O periodo de conservación é de ata un ano, a unha temperatura de 12-13 graos, e pode estar tamén na neveira, cuberto cun pano lixeiramente humedecido. Vai xenial cos viños brancos do país,como un godello ou un alvariño. Tratase dun queixo que combina marabillosamente con chicharróns, e fai tamén boa parella cando se consome con arandos e con froitos secos, como poden ser unhas noces.
Premios: Este queixo, que apareceu hai arredor dun ano e medio, ten xa varios premios, o último o 'Cantábrico Excelente'. O primeiro que recibiu foi o premio de ouro ao mellor queixo de pasta branda do Salón do Queixo de León. Ten tamén o premio InnoForum de Innovación, do Forum Gastronómic, e foi finalista no certame dos mellores queixos de España.