Nome do queixo: 'Queixo Tetilla', de Bo-Queixo
Procedencia: Orto, Boqueixón (A Coruña)
DOP: Tetilla
Tipo de leite: Vaca 100%, pasteurizado
Tamaños dispoñibles: 500 e 800 gramos
Tipo de queixo// descrición: Queixo de pasta branca elaborado con leite pasteurizado de vaca. Ten un período de maduración mínimo de seis días e presenta unha forma cónico-convexa. A súa cortiza fina e elástica é de cor amarelo medio escuro, brillante, limpa e lisa.
Suxestións de consumo e conservación: Pódese consumir só ou acompañado con doces tales como marmelo ou mel. Este queixo funde moi ben, o que lle da moito xogo na cociña. Recoméndase conservalo en frío, aínda que para consumilo deberá estar
uns trinta minutos a temperatura ambiental, para así apreciar o seu
completo sabor. Unha vez aberto, recoméndase envolvelo nun pano limpo ou metelo
nunha queixeira para evitar que o frío forme unha cortiza no corte.
O seu consumo preferente é de cento oitenta días a partir da data de
fabricación. O seu consumo está destinado a todo tipo de persoas en xeral, excepto
aquelas que son alérxicas a algúns dos seus ingredientes.
Premios: No ano 2015 esta queixería foi galardoada co Premio de Prata en queixo con DOP Tetilla na Cata de Queixos de Galicia. Ademais, nesta mesma denominación, De-Queixo tamén obtivo o premio de prata na cata de Queixos de Galicia 2013.