Procedencia: Cabanas s/n - Oleiros
Vilalba (Lugo)
DOP: San Simón da Costa
Tipo de leite: de vaca, pasteurizado
Tamaños dispoñibles:
-San Simón da Costa (1 a 1,1 quilogramos, aprox)
-Bufón: (0,600 quilogramos aprox)
Casleiras garantiza unha curación mínima destes queixos que duplica a estipulada polo consello regulador. Dispón de laboratorio propio para sometelos a controis nas distintas etapas de seguridade. E está baixo a supervisión de Galicia Calidade, marca de garantía que certifica a calidade de produtos e/ou servizos que pola súa elaboración na Comunidade Autónoma, pola súa materia prima ou polo deseño galegos, merezan esa distinción, unha vez contrastada mediante os controis fixados. Este selo considerase unha referencia de confianza para os consumidores.
Suxestións de consumo e conservación: O queixo de Casleiras, se se abre para o seu consumo inmediato, non plantexa problemas de conservación. No caso de que quede algún tempo aberto, a recomendación é metelo na neveira. Pero, se está enteiro, a mellor conservación do San Simón é fóra do frigorífico, nun lugar fresco, onde pode pasar -cos lóxicos controis- moito tempo. Na cociña é ideal para preparar pratos diversos -ata onde chegue a imaxinación e as boas artes culinarias-. E estase a usar cada vez máis para facer salsas ou raiado, co que se lle consegue dar un realce e un sabor moi especiais, por exemplo, á carne. Recomenda o fabricante para tomar con este queixo, un viño branco de calquera das cinco denominacións de orixe galegas, aínda que marida perfectamente cos tintos e, desde logo, cunha boa cervexa.
Premios: Como todos os da DOP San Simón da Costa, este queixo ten diversos e importantes premios, entre os resalta o fabricante como o máis importante o ‘ouro’, en 2012, na Wold Cheese Awards. A partir de aí, houbo ‘bronces’ e pratas’ en distintos certames, así como unha medalla de ouro que obtivo Casleiras no concurso internacional de Queixos Cincho, en 2016.