Queixo: 'San Simón da Costa
de ‘Queixería Daniberto’
Procedencia: Rúa Pude, 2 / San
Simón da Costa / Vilalba (Lugo)
DOP: San Simón da Costa
Tipo de leite: de vaca, pasteurizado
Tamaños dispoñibles:
-San Simón da Costa
(1 quilogramo, aprox.)
-Bufón (0,600 quilogramos aprox.)
Para a elaboración deste queixo amparado pola DOP San Simón da Costa emprégase leite natural e enteiro, cun procedemento que - se se atende ás lendas que se van mantendo dunhas xeracións a outras- remóntase aos pobos da civilización castrexa, que poideran proceder das tribus celtas e que situaron nos montes da Serra da Carba e do Xistral.
Suxestións de consumo e conservación: Como todos os queixos da Denominación de Orixe Protexida San Simón da Costa, é un produto ideal para as sobremesas e para degustar a calquera hora do día. E tamén para traballar na cociña, sen máis límite, case, que o que veña marcado polas habilidades e bo facer dos cociñeiros, que non dubidan en aproveitalo para elaborar exclusivas salsas, e mesmo coa propia cuberta do queixo, perfectamente comestible. Marida á perfección con viños galegos tintos e brancos, como cunha boa cervexa.
Queixería Daniberto pon especial énfase na produción, coidando valores de antano e tentando ser fiel á tradición. Busca tamén ampliar mercado e chegar a padales distintos, polo que nos últimos anos sacou novas propostas. Pero o San Simón e o Queixo de Tetilla seguen a ser os seus reclamos máis fortes cara a un consumidor esixente. Estes dous queixos están inscritos, respectivamente, nas DOP do mesmo nome, e están acollidos a Galicia Calidade, un selo da Xunta que certifica a orixe galega do produto e a súa calidade. Actualmente son unhas 140 empresas a uns 600 produtos ligados a este certificado da Comunidade Autónoma.