Queixo: 'San Simón da Costa',
de Queixería Fontelas
Procedencia: Maciñeira, parcela 41 /
Polígono Sete Pontes / Vilalba (Lugo)
DOP: San Simón da Costa
Tipo de leite: de vaca, pasteurizado
Tamaños dispoñibles:
-San Simón da Costa
(1 quilogramo, aprox.)
-Bufón (0,600 quilogramos aprox.)
Tipo de queixo//Descrición: Queixo semicurado de pasta prensada, elaborado con leite pasteurizado enteiro de vaca, curado en secadeiro durante 45 días e afumado con madeira de bidueiro. Este proceso dalle ese peculiar sabor que converte a este queixo da Terra Chá nun produto moi especial, non só no panorama galego, senón no nacional e no internacional. O irmán menor do San Simón 'Fontelas', o tradicional 'bufón', ten un período de curación en secadeiro de 30 días en un peso de arredor dos 600 gramos.
Suxestións de consumo e conservación: Como todos os queixos da Denominación de Orixe Protexida (DOP) San Simón da Costa, é un queixo moi versátil, ideal para as sobremesas e para degustar a calquera hora do día. Dá un xogo incríble tamén na cociña, sen máis límite, case, que o que veña marcado polas habilidades e o bo facer dos cociñeiros, que non dubidan en aproveitalo para elaborar exclusivas salsas, incluída a propia cuberta do queixo, perfectamente comestible. Marida á perfección con viños galegos tintos e brancos, así como cunha boa cervexa.
Argumenta o fabricante, que a diferencia dos seus queixos cos restantes da DOP San Simón da Costa é moi pouca. Diferenciar 'a cegas' uns dos outros non é doado. Algúns matices, para iniciados, pódense encontrar se están á vista. Pero diferenciar no sabor é complicado. Iso, sinala Javier Piñeiro, que é un bo síntoma, que apunta a que a DOP funciona ben, xa que unha das súas principais funcións é que a produción dos queixos sexa homoxénea ao longo do ano.
Froito do crecemento, esta queixería conta con novas instalacións situadas no polígono Industrial Sete Pontes de Vilalba, onde trasladaron boa parte da actividade. Na fábrica orixinal, ubicada no barrio de Lobán -na parroquia de San Simón- mantense a actividade da producción. O resto dos procesos: secado, afumado e etiquetaxe fanse, nas novas instalacións.