Procedencia: Polígono Industrial Sete Fontes
Parcelas 49-50 Vilalba (Lugo)
DOP: San Simón da Costa
Tipo de leite: de vaca, pasteurizado
Tamaños dispoñibles:
-San Simón da Costa
(1 quilogramo, aprox.)
-Bufón (0,800 quilogramos aprox.)
-San Simón Reserva
(1 quilogramo aprox.)
Tipo de queixo//Descrición: Queixo curado durante un periodo de 45 días para o formato San Simón da Costa grande e de 30 días para o caso do Bufón. Afúmase logo con virutas de abedul, o que lle da o seu característico e diferenciado sabor. É pouco graxo, cunha pasta semidura, textura cremosa e sabor suave. O San Simón Reserva ten unha curación mínima de 90 días e un sabor máis intenso, cun agradable aroma a froitos secos e a manteiga.
Suxerencias de consumo e conservación: Ademais de ser un queixo ideal para as sobremesas e para degustar a calquer hora do día é ideal tamén para derreter e acompaña moi ben a carnes e peixes, ao forno ou como salsa. Combina iguamente ben con avelás, noces e mazás. Marida tanto cun viño branco galego como cunha cervexa.
Premios: Primer premio en la Cata de Quesos de Galicia nos anos 1999, 2000, 2002, 2004, 2007 e 2010; Segundo premio na Cata de Queixos de Galicia de 2001, 2003, 2005, 2009 e 2011; e medalla de bronce en 2008; medalla de prata nos World Cheeese Awards en 2011; e Cincho de prata de Castilla-León en 2009.