Procedencia: Carretera OU-536,Quilómetro 44,3
Castro Caldelas (Ourense)
Tipo de leite: queixo artesanal feito con leite cru de cabra
Peso: entre 300 e 360 gramos por peza
Tipo de queixo // descrición // conservación: Queixo semicurado de pasta branda. A corteza chega a porse dura pero, por dentro, ten a mesma textura, branda, sen influír o tempo que pase. O cuallo permite que non endureza. Como non se trata de queixos prensados, senón que se fan polo seu propio peso, manteñen esa textura.
Trátase dun queixo que o fabricante pode por á venda nun prazo de 15 días e sinala que hai que mantelo na cámara durante un mes. A partir de aí, é cando comeza a coller codia e a saírlle o mofo, polo que se pode deixar fóra, a temperatura baixa. Ao mercalo, pódese conservar na neveira, mellor nun recipiente hermético de plástico que nun pano, xa que o seu forte cheiro podería terminar por mandar en todo o que se atope no interior do frigorífico. En calquera caso, este queixo de cabra de leite cru produce un mofo que resalta o fabricante que é "perfectamente comestible", por que é pemento só o que ten.
Suxestións de consumo: O queixo de cabra con pemento, polas súas característas, préstase para o seu consumo en calquera momento, polo que un bo viño convértese nun tándem ideal, máxime se falamos dun caldo tinto galego; aínda que se fóse un branco, godello, ribeiro ou rías baixas, ten que ter moitos tamén moitos adeptos, xa que, en padales, bo gusto e oferta non facemos máis que mellorar.
Este fabricante fai, entre outros, un queixo con malta, para o que o mellor acompañante é a cervexa e do que non tardaremos en falar.