Queixo: 'Tetilla', de Lácteos Anzuxao
Procedencia: Madriñán, 2
Lalín (Pontevedra)
DOP: Queixo Tetilla
Tipo de leite: de vaca, pasteurizado
Tamaños dispoñibles: A peza deste
queixo ten arredor dun quilogramo
O tempo de maduración dos queixos de Tetilla e dun mínimo de oito días, contados a partir do seguinte ao da súa elaboración. o 'Tetilla' que vende Lácteos Anzuxao ten un peso aproximado dun quilogramo pero, como o resto dos acollidos a Denominación de Orixe Protexida -sexa cal sexa o seu peso-, poderá cortarse nas tendas de venda polo miúdo en calquera porción, sempre e cando a operación de corte se faga diante do consumidor no momento da venda.
Suxestións de consumo e conservación: A degustación deste queixo é óptima nunha franxa de temperatura entre os 16 e os 18 grados, polo que, como no caso do resto dos queixos, debe sacarse do frigorífico -se é o caso- o tempo suficiente para que non estea frío en boca. Isto permitirá apreciar todas as súas características organolépticas.
Sen olvidar o seu tradicional papel como queixo de sobremesa, o 'Tetilla' ten un gran potencial culinario, desde os aperitivos ao seu papel nos fogóns; deste gratinados a recheos de produtos tan diversos como pementos, canelóns, cogomelos ou verduras. Pero as súas posibilidades parecen non ter máis límite que o do propio cociñeiro ou cociñeira para entrar en propostas como afumados, herbas aromáticas, tortas, purés, pasteliños, pinchos…
Tal e como recomenda a propia Denominación de Orixe Protexida (DOP) Queixo Tetilla, os mellores lugares para a conservación deste produto son as adegas ou subterráneos frescos e ventilados. Pero como isto non é o habitual, o lugar máis adecuado é o frigorífico. A temperatura, na neveira, debe oscilar entre os 5 e os 8 graos centígrados, polo que a parte baixa é a mellor para gardar o queixo.
O queixo Tetilla de Lácteos Anzuxao conta con diversos recoñecementos e premios. Un dos últimos é o 'Premio Alimentos de España Mejores Quesos del año 2019', na súa modalidade de mellor queixo de vaca madurado.
Desde finais de 2016 este produto dispón do certificado de Galicia Calidade, un selo impulsado pola Xunta de Galicia que destaca a queixería lalinense que lle aporta recoñecemento e un plus de prestixo cara ao consumidor que se comproba alí onde chega o produto.