José Luis García López, alcalde de Arzúa
Antonio S. Rocha
A 45 Festa do Queixo de Arzúa abrirá as súas portas oficialmente o próximo venres 28 de febreiro, xornada na que –previsiblemente- se celebrarán actividades como o Concurso de Tapas e Petiscos, que entra na decimocuarta convocatoria. Pero como sempre, a programación concéntrase na fin de semana, cun amplo programa de actos do feiral -a punto de coñecerse- e unha manchea de actividades musicais baixo o amparo neste caso do Festival do Queixo de Arzúa. Axustar e encher de contidos cada programa requiere tempo e unha boa asignación económica, aínda que o que empeza sendo gasto termina por converterse en inversión, que se espera todos os anos que “teña o máximo retorno á economía”, resalta o alcalde deste municipio coruñés, José Luis García López.
Pregunta.- Cada ano hai propostas novas entre os queixos…
Resposta.- Si, todos os anos procuramos que haxa algunha novidade con respecto ao queixo. Algunha variedade nova, para que a xente que xa é habitual da festa encontre algo distinto que probar e que mercar.
P.-Cómo se está abordando o control de queixos que non hai moitos anos se vendían no feiral sen ningún tipo de rexistro?
R.- Aquí é un tema que está superado. Primeiro, estan as queixerías industriais e logo están os produtores lácteos tradicionais (PLT), e todos teñen que ter o rexistro sanitario. Non hai ningún queixo dentro do recinto que non teña o seu correspondente rexistro sanitario.
P.- Que destacaría entre as novidades ofrecidas nas últimas edicións?
R.- A música é xa algo tradicional e sempre tratamos de facer unha boa programación neste sentido; e no mundo xa dos queixos, o que máis se está resaltando por parte do público e dos propios medios de comunicación é, por exemplo, un mapa xigante de Galicia elaborado con queixo ou a escultura do queixo.
P.- Por todo isto en marcha e ofrecer unha proposta capaz de atraer a milleiros de visitantes ten un presuposto elevado e moito traballo?
R.- Pois si, moitos meses de traballo. Tan pronto como acaba a festa tomámonos unhas semaniñas de descanso e xa empezamos a pensar na festa do ano seguinte. O orzamento varía, movémonos sempre arredor duns números, porque os grupos que traemos -a programación musical é a que maior orzamento ten- son grupos que sempre están en torno aos mesmos cartos. A festa móvese entre os 150.000 e os 180.000 euros.
P.- E con iso fanse milagres?
R.- Si, e hai que pensar tamén que é unha inversión e esperamos todos os anos teña o máximo retorno á economía.
P.- Por así dicilo, a música é o pozo sen fondo, vai todo o orzamento para ela…
R.- Non todo, pero vai gran parte.
P.- Pero paga a pena, porque foi un reclamo co que se tivo un acerto pleno para a proxección do queixo…
R.- Pois si. É a edición de 2019 non houbo queixa, se non foi o mellor ano foi desde logo un dos mellores que eu recordo.