Ramón Roldán, responsable de comunicación da Festa do Queixo de Arzúa
Gonzalo S. Lourido
A conta atrás para a celebración do primeiro encontro popular deste ano dun queixo galego xa hai algún tempo que está en marcha. O municipio coruñés de Arzúa vai queimando etapas e na letra pequena aparece xa a data da convocatoria da 45 edición da súa Festa do Queixo: desenvolverase o 29 de febreiro e o 1 de marzo. A menos de catro semanas do inicio do evento, a presentación oficial do tan presumiblemente longo como completo programa ten que estar moi próxima. Entre os que están no allo, Ramón Roldán, responsable de comunicación do encontro, avanza que volverá haber equilibrio entre queixo e música. E logo…, a ver que pasa?; entre as sorpresas das últimas edicións está a dun queixo que se alguén non o desminte, pasa por ser "o máis grande do mundo".
Pregunta.- A música ten un efecto multiplicador no queixo?
Resposta.- A festa naceu co queixo; logo sumouse a música e agora é o concepto, queixo máis música. Xa non se entende unha cousa sen a outra. Entón, a base, loxicamente, segue a ser o queixo. A importancia principal está na festa do queixo, pero o festival gañou tanta forza que nós queremos seguir dándolle peso, por iso apostamos por meterlle unha carpa, que antes non había, unha produción moi mellorada e traer o mellor plantel de grupos que se poida.
P.- Neste dualidade, a música non acabará comendo ao queixo?
R.- Xamais. Teñen que complementarse.
P.- Nen tampouco que no futuro poida ir cada un pola súa parte?
R.-Non, por que isto ten que estar fusionado. E dicir, que a xente que ven mercar queixo poida escoitar música, e aqueles que veñen escoitar música teñan a oportunidade -porque o recinto feiral está aberto- de mercar queixo. Que non estean separadas as dúas cousas.
P.- A feira do queixo é o motor e permite financiar outras actividades, como as do apartado musical…
R.- Efectivamente. Se vai ben a actividade feiral, a musical vai ben, chova ou non chova. Insisto no da carpa, porque a xente xa tiña antes o costume de vir con auga ou sen ela. E vai ben, porque a xente acode e, ademais de mercar queixo, consome na hostalería. Queda a durmir, queda a xantar. Os supermercados quedan valeiros, os estancos quedan valeiros…, entón, a feira faise para que Arzúa recupere -pero non directamente o concello- e que os propios veciños, hostelerios, empresarios, recuperen e fagan unha boa caixa a fin de semana. E xuntar ademais do promocional o económico, que é o importante.
P.- E no promocional, como funcionan as cousas?
R.- Temos corenta produtos promocionais, desde un euro. Pode ser para nenos, unha libretiña, un lápis, unha mochila, de todo…, ata camisetas, pratos…, todo iso é poder de marca. A marca da festa do queixo vai estampada en todos os produtos e quen os compra e os pon, como no caso das camisetas, vai por aí orgulloso da festa do queixo.
P.- En termos económicos, canto pode mover a feira?
R.-E difícil calcular, nós pasámoslle enquisas aos expositores, preguntándolles cantos quilos e cantas pezas de queixos venderon?, pero non todos os venden en pezas, porque hai queixos grandes que se cortan en anacos. Entón, preguntamos en quilos. E son sinceros, porque cando venden din que venden, e cando no venden din que non venden. E hai unha pregunta para quen estivo en anos anteriores, se vendeu máis ou menos. Esa é a nosa referencia.
P.- E como medir a asistencia?
R.- O acceso a todo e gratuíto, co que contabilizar as persoas e difícil, porque non temos un torno ou unha venda de entradas que nos diga que pasaron 'tantas' personas, pero si sabemos a capacidade da carpa, por as medidas que ten, e sabemos que estando moi apretadiños caben catro persoas por metro cadrado; e entón, multiplicando vemos que hai máis de cinco mil persoas nos concertos e que por aquí, a fin de semana, van das trinta mil ás corenta mil personas entre concertos e queixo durante os dous días.
O queixo máis grande
P.- E nestes anos ten que haber moitas anectodas?
R.- Pois entre as anécdotas pode ser que Queixería Barral, o Clube de Fútbol de Arzúa - CSD Arzúa - e o Concello, cada vez fan cousas máis creativas. Fixemos o queixo máis grande do mundo; a partir da escultura da queixera, que está en pedra; fixémola en queixo. E na edición de 2019 tocoulle ao mapa do queixo en Galicia, que ten 4.500 litros de leite, pesa 450 quilogramos e ten representados o Camiño de Santiago e os monumentos máis importantes de catro principais cidades galegas. E iso chama moito a atención. Non sei se chamarlle anécdotas, pero reclamo si que son.
P.- Estas grandes reproducións vendéronse logo ao detalle…
R.- Estas pezas tan grandes teñen que curar, porque levan moito leite, pero logo partíronse en pequeñas porcións para a súa venda.
P.- No campo musical, hai previsións para aumentar espazos?
R.- Un máis grande non, porque esta carpa é das máis grandes de Europa. Traémola de Portugal. Ten quince metros de alto, vintecinco de fondo e esta é a capacide axustada para o espazo que temos para a xente que acode.
P.- Cal foi o caché máis elevado que se pagou por un grupo musical?
R.- Iso creo que é cousa máis do produtor musical…
P.- Pero é algo de dominio público…
R.- Si, pois arredor dos veinte e moitos mil, preto dos trinta mil euros, pero eu creo que cando se pagan esas cantidades, compensa.