Miguel Santalices, médico e presidente do Parlamento de Galicia
A.S. Rocha
O queixo é un produto alimentario completo como poucos, pero hai que facer un adecuado uso del. Para Miguel Santalices, médico, presidente do Parlamento de Galicia e pregoeiro da última Feira do Queixo na Arzúa, procede implicar aos mais pequenos no consumo do queixo como procede tamén, noutra orde de cousas, metelos no coñecemento das institucións autonómicas. Por iso, a Cámara Lexislativa galega está a invitar aos rapaces en idade escolar a ver como se desenvolve a actividade na primeira institución do país, onde recalca que radica “a democracia que temos hoxe en Galicia”. E no que toca á cultura do queixo, di que procede fomentala desde o colexio. Pero hai que considerar que contén certas doses de colesterol, e que non serve enganarse: disfrutalo, si, pero sen olvidar nunca que "hai que pasealo".
Cal é o queixo que máis lle gusta das catro denominacións de orixe galegas?
Gústame o Arzúa-Ulloa, porque é un queixo dunha textura suave, e que non é excesivamente salgado, que é unha das vantaxes que lle vexo, e que é un queixo que ten unha moi boa dixestión. Por iso, é un dos queixos que teño eu entre os preferidos, dentro do ámbito galego. Eu soi moi queixeiro, e gústanme outros moitos, pero este vai ben por esa textura que acabo de dicir.
E postos a buscarlle un bo acompañamento, nunha terra de moito e bo viño como a súa, que suxire…
Defendo un branco, o Ribeiro, que agora mellorou dun xeito extraordinario. E en tinto, eu teño que barrer un pouco para a casa, gústame moito o viño de Monterrei, extraordinario, e que creo que conxuga moi ben co queixo. Creo que é unha compaxinación perfecta.
A proxección que ten Ourense no mundo dos caldos non a ten tanto no caso da producción de queixos, aínda que non falta gando…
Si, pero creo que non hai tanta cultura neste campo como a hai, por exemplo, nas terras da Ulloa, ou nas de Lugo, onde está o San Simón da Costa ou o queixo do Cebreiro. Efectivamente, en Ourense somos máis da cultura do viño, porque temos moitas denominacións de orixe, e tamén, agora, estamos moi relacionados coa cultura da auga, co termalismo. Creo que polarizamos eses dous tipos de actividades. Pero o queixo ten menos 'chance ' que aquí.
Que contou como pregoeiro da Feira do Quieixo na Ulloa deste ano?
Puxen en valor o que é a cultura e a tradición deste pobo no que se refire a como se mantén a tradición do queixo. Puxen en valor tamén a paisaxe desta terra, a boa comunicación que sempre houbo con Ourense e o esforzo desta xente de legar algo que coñecen de familia en familia e que forma parte xa da súa propia historia.
Os rapaces en idade escolar están cada vez máis presentes físicamente en actividades parlamentarias como os plenos. E tamén está cada vez máis presente a promoción e a cultura do queixo nas aulas, porque parece que non lles gusta moito o queixo…
Ben, aos nenos gústalles o queixo. O queixo chega un momento determinado en que é bo, pero chega tamén o momento en que é bo pero que despois hai que pasealo, porque o queixo, leva unhas doses de colesterol. O queixo é bo para os osos, para a memoria, para a osteoporosis -porque leva calcio- e, en definitiva, e algo que deberiamos de coidar. Creo que a cultura da educación do queixo dos nenos, efectivamente, é nas escolas. E no Parlamento, estamos agora na fase de ensinalo, porque tamén hai que darlle a cultura de coñecer as institucións.
Na Feira do Queixo na Ulloa fíxenlle unha invitación a esta xente para que veña a coñecer o noso Parlamento, porque é a primeira institución, e é onde radica a democracia que temos hoxe en Galicia.
A promoción do queixo na escola entre a xente miuda quizá sexa a forma mellor e máis sana de afianzar e impulsar este produto?
Creo que si. Alimentación sa, compensada, e facendo o exercicio físico que corresponde, porque unha alimentación sa desde a xuventude é unha garantía da calidade de vida cando teñamos máis anos.