Carmen Vázquez Novo, propietaria de queixería Queinaga
QdG / A.S. Rocha
Se fosen lingotes de ouro, a queixería coruñesa Queinaga (Curtis), tería gardados catro nas súas vitrinas, acompañados doutros cinco de prata (Cincho e Concurso Nacional de Queixos de España incluídos) e oito bronces. Todo isto no cuarto de século que leva elaborando queixos co lema da "constante calidade". Carmen Vázquez Novo, propietaria desta empresa familiar, non agacha a súa ledicia polos dous máximos galardóns para o seu Queixo Tetilla e Queixo Arzúa-Ulloa na cata galega de 2022. Pero a aposta coida que debe estar sempre no "traballo e no esforzo" continuados. E nos atrancos do día a día, láiase Carmen Vázquez da deriva que colleron os prezos na produción e pide axuda ás institucións, "porque se hai escaseza da materia prima, non hai arranxo ningún", argumenta.
Pregunta.- Case nada: dous 'ouros' na última Cata dos Queixos de Galicia…
Resposta.- Somos unha empresa familiar de elaboración de queixo e este ano tivemos un dobre recoñecemento de 'ouro', tanto na denominación Arzúa-Ulloa como na do queixo Tetilla.
P.- Que manda en Queinaga en cuestión de premios, o queixo Tetilla ou o Arzúa-Ulloa?
R.- Quizais, pola nosa zona, tivemos máis galardóns de queixo Tetilla. Debe ser que estamos máis ambientados co Tetilla que co Arzúa-Ulloa, no que xa logramos unha distinción de ouro noutra ocasión.
P.- E que supón para vostede este dobrete?
R.- Isto é un plus de enerxía. Un recoñecemento é bonito. Pero o que conta sempre é o traballo é o esforzo.
P.- Uns premios destas características, repercuten nas vendas?
R.- Si, penso que sempre se nota ese recoñecemento nas vendas.
P.- Queinaga vende tamén en grandes áreas comerciais…
R.- Si, tanto en Alcampo, como en Gadisa ou Carrefour, e tamén en tendas pequenas e en colaboración con distribuidores.
Evitar a escaseza de leite
P.- E que supón para a queixería a suba dos prezos do leite…
R.- Está a ter un prezo considerable. E temos que abogar por que nos axuden a que, polo menos, non escasee.
P.- Por onde pasa a solución?
R.- Porque nos dean axudas para que a escaseza de leite non se produza, porque senón os incrementos están garantidos. Non sabemos que solución vai ter, porque se escasea a materia prima non ten arranxo ningún.
P.- Vostedes teñen gandaría propia?
R.- Si, pero non é dabondo para o volume de vendas que hai neste momento.
P.- Xa tiveron que incrementar prezos dos queixos?
R.- Si, varias veces.
P.- Cales son as vendas de Queinaga?
R.- Uns cincocentos mil quilogramos de queixos ao ano. Dos que un 70% pode corresponder a Arzúa-Ulloa, un 30% a Tetilla…, así, por enriba...
P.- E como queda ese reparto xeográficamente?
R.- As maiores vendas son na comunidade autónoma; en España hai algunhas vendas tamén, no País Vasco, en Barcelona..; e mandamos queixo tamén para o Reino Unido e para China.
P.- Cal é a estimación do que venden fóra de Galicia?
R.- Dun 20%
P.- E, por último: cos dous
premios obtidos, cales son as previsións das vendas en 2023?
R.- (Amplas risas) a saber…