O concello coruñés de Arzúa congregou durante a pasada fin de semana camiño dos 40.000 visitantes na Festa do Queixo, segundo a estimación dos organizadores, que contaron coa axuda do tempo como gran aliado. Os efectos do sol levaron ao remate a un balance “moi positivo” e a cifras récord de participación, se se deixan a un lado os resultados do ano 2025 -no 50 aniversario do feiral, no que a cifra chegou ata os 50.000-.
Resultados extraordinarios como os do ano pasado e o ‘boca a boca’ entre os fabricantes de queixo fixo que nesta ocasión acudiran a Arzúa por primeira vez algúns queixeiros galegos que coincidiron en siñalar que as ventas chegaron a duplicarse e mesmo a triplicarse en relación con otras feiras galegas.
De feito, superáronse tamén as marcas nas solicitudes de queixerías e dos postos exteriores, ata o punto de que algún fabricante non puido chegar a instalar un punto de venda por falta de espazo. Do mesmo xeito, houbo un gran impacto nas vendas e moitas queixerías esgoraron o produto.
O éxito foi igualmente total no que se refire á asistencia ás catas e á cocina en vivo (coas 500 prazas cubertas e lista de agarda).
A programación musical, infantil e as actividades exteriores contaron tamén cunha gran afluencia de público, co que consideran os organizadores que a Festa do Queixo se consolida como unha das citas gastronómicas e culturais máis relevantes de Galicia.
Máis cifras
En total, foron admitidas 77 queixerías, ás que se uniron outras nove convidadas da Ruta Europea do Queixo, mailos catro postos institucionais. Os noventa espazos de exposión, venda e promoción do produto ocuparon toda a pranta baixa do recinto feiral interior. A certas horas da mañá, as aglomeracións diante dos postos de queixo foron unha constante, como tamen a vixilancia e as múltiples advertencias da Policía Local e da Garda Civil para ter “man das carteiras”.
Para o exterior, rexistráronse máis de 215 solicitudes de postos de alimentación, gastronetas, artesanía e propostas multisectoriais, a cifra é a máis alta da historia da festa, o que obrigou a ampliar o percorrido, coa incorporación de novas rúas para darlle resposta á elevada demanda, pero mantendo os mesmos criterios de calidade e seguridade. A programación completouse co mercado da Deputación da Coruña 'A paisaxe que sabe', que aportou 24 postos de venda adicionais adicados aos produtos de próximidade.
Fuente RSS
