Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • San Simón Costa
  • Cebreiro
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

A Capela: o mundo rural nunha cullerada de requeixo

26/8/2024

0 Comentarios

 

Festa do Requeixo da Capela / queixosdegalicia.com
Milleiros de persoas acudieron o domingo á XXXIV Festa do Requeixo da Capela

A.S.Rocha

O recinto da Festa do Requeixo da Capela foi este domingo un fervedoiro de xente, impulsada polo desexo lúdico e festivo de participar nun encontro no que os pequenos e mailos grandes teñen os seus espazos e no que se lle rende homenaxe a un dos produtos con máis arraigo e 'tirón' deste concello coruñés. Así o entendeu o pregoeiro deste ano, o escritor e xornalista de La Voz de Galicia Ramón Loureiro, quen en clave histórica e ancestral aludiu ao requeixo como unha arte e un símbolo "dunha Galicia eterna e acolledora".

Ramón Luoreiro, que votou man dalgunhas liñas argumentais do seu libro 'Las galeras de Normandía' -no que están presentes as terras da Capela-, asignoulle a esta contorna e á súa historia remiscencias "máxicas". E á festa e ao requeixo locais atribuíulles o papel de "preservadores do medio rural".

O bo tempo ao longo de toda a xornada contribuíu a que o recinto desta XXXIV Festa do Requeixo da Capela recibise visitantes todo o día, cunha ampla concentración xa camiño da entrega de premios dos sorteos de produtos locais ou o reclamo da actuación de Encrucillada, camiño xa do serán.

Requeixo e queixo

Os asistentes deron conta de boa parte das máis de 3.000 terrinas de requeixo que puxeron a súa disposición,  aínda que a Cooperativa do  Campo da Capela, impulsora -xunto co concello- da festa, aportou camiño de dez referencias dos seus queixos, así como de manteigas de sabores, manteiga, manteiga cocida, iogures, nata fresca ou leite enteiro sen homoxeneizar, productos estes últimos que esta fábrica vai impulsar. E non faltaron outros queixeiros, como Quesería Gaia, de Vilar de Santos (Ourense), especializada na fabricación de queixos de cabra.
​
Arredor de 40 postos de venta de moi diverso contido, incluído o xa tradicional de maquinaria de labranza e xardinería, foron centro de atención para curiosos e potenciais compradores.

Festa do Requeixo da Capela / queixosdegalicia.com
Ao longo da xornada vendéronse gran parte das terrinas de requeixo preparadas para a ocasión

Festa do Requeixo da Capela / queixosdegalicia.com
Os máis pequenos dispuxeron dos seus espazos para desfrutar da Festa do Requeixo

Festa do Queixo da Capela / queixosdegalicia.com
Ademais do requeixo, a Cooperativa do Campo da Capela levou ao feiral os seus queixos tradicionais

Festa do Requeixo da Capela / queixosdegalicia.comFoto
'Gaia' -nun dos arredor de 40 postos de venta- aportou os seu queixos de cabra e ovella
0 Comentarios



Dejar una respuesta.

    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Junio 2025
    Abril 2025
    Marzo 2025
    Diciembre 2024
    Octubre 2024
    Agosto 2024
    Junio 2024
    Mayo 2024
    Abril 2024
    Marzo 2024
    Febrero 2024
    Noviembre 2023
    Octubre 2023
    Agosto 2023
    Junio 2023
    Abril 2023
    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia