Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • San Simón Costa
  • Cebreiro
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

'Bicos' tórridos de queixo en Arzúa

28/2/2026

0 Comentarios

 
Festa do Queixo Arzúa / queixosdegalicia.comFoto
Foto de familila deste sábado dos protagonistas da Festa do Queixo Arzúa
C.R.S.
​
Bicos, son sempre bicos, e por suposto tamén os gastronómicos, que poden ser  igualmente sutís. Uns deben ir directamente ao corazón, que como se sabe ten as súas razóns que a propia razón non ten. Os outros, aparentemente máis sinxelos, medran ao pasar directamente polas papilas gustativas e dispáranse xa no retrogusto cara a mundos imaxinativos interiores.


Pero ben, en todo este proceso, sen ánimo de distraer, senón de complementar, aportaron estes días  os hostaleiros da vila coruñesa de Arzúa -con motivo da súa 51 Feira do Queixo- un mundo paralelo de sabores, nun petisco, se acaso abrasador e/ou tórrido- capaz de derreter cremosidades en boca e de fidelizar aos amantes dos queixo. Disque algúns bicos -e con razón- non se lle deben dar a calquera, pero se son de Arzúa ou da comarca da Ulloa, poden ser bicos a esgalla, nos beizos…, sempre con queixo. 

Un pincho, un bico

Pois si, o Bar Os Amigos foi o establecemento gañador do concurso de pinchos, tapas e petiscos que a Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa organizou esta semana como acto complementario da 51 Festa do Queixo en Arzúa, que este domingo celebra o seu día principal.
A tapa, denominada ‘Ulloa Tropical’ foi a que máis puntuación acadou na valoración do xurado, que na tarde do venres percorreu os dez establecementos finalistas.

O segundo posto foi para o ‘Bico de Queixo’, unha creación da Cafetería Chacala.  E no terceiro lugar ficaron empatados o ‘Beso de Mar y queso’, do Bar Encontro, e a ‘Volta do Cocido’, da cafetería Ameixa I.

O xurado

O xurado estivo constituído polo cociñeiro José Manuel Mallón (D’Antaño Foods & Service); Isabel Barral, en representación da Queixería Barral, de Arzúa; o cociñeiro Óscar Miranda, divulgador gastronómico en Radio Arzúa; Jesús Rodríguez, cociñeiro e copropietario da cafeteria Ultreia, e Óscar Pérez Ramil, secretario-xerente do consello regulador.

No concurso tomaron parte dezanove establecementos da hostalaría da vila de Arzúa, que elaboraron as súas creacións con queixo cedido gratuitamente polo Consello Regulador.

Como no ano anterior, polo elevado número de locais participantes,- foi necesario realizar unha cata previa. Nesa preselección o xurado estivo conformado por profesorado e alumnado de varios ciclos formativos da EFA Piñeiral de Arzúa, acompañados por persoal do consello regulador.

Domingo de festa

Arzúa deu hoxe sábado o pistoletazo de saída a unha nova edición da Festa do Queixo cunha primeira xornada que destacou pola elevada participación de público, o ambiente festivo nas rúas e unha programación pensada para todos os públicos.

Desde primeiras horas da mañá, o recinto feiral ‘Terra do Queixo’ converteuse no epicentro da celebración, coa apertura dos postos das queixerías participantes, que ofreceron degustación e venda do produto estrela desta cita gastronómica. Visitantes chegados de diferentes puntos de Galicia e de fóra da comunidade achegáronse para gozar dun evento que combina tradición, calidade e identidade local.

A xornada estivo marcada tamén pola celebración do pregón, que este ano correu a cargo de Federico Rey, quen puxo en valor a tradición queixeira de Arzúa e o sentimento colectivo arredor dunha festa que é xa símbolo de identidade para a vila.

No marco do acto institucional fíxose entrega do xa sinalado premio do concurso de petiscos .
Esta edición da Festa do Queixo rende homenaxe á emigración, recoñecendo oesforzo e a pegada das persoas que tiveron que marchar fóra e que contribuíron, desde adistancia, ao desenvolvemento económico e social da vila. A lembranza e o agradecemento ás persoas emigradas estiveron moi presentes durante o acto.

Este domingo é o día grande do feiral.
                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                             

0 Comentarios

O ARZÚA-ULLOA MEDIO SÉCULO DESPOIS

22/2/2026

0 Comentarios

 
Luis Lamas, presidente do Consello Regulador da DOP Arzúa-Ulloa

"Estanos a repercutir moito o crecemento fóra de Galicia"


Luis Lamas, DOP Arzúa-Ulloa / queixosdegalicia.com
O norte de Portugal estase a revelar como un mercado exterior forte para o Arzúa-Ulloa, segundo Luis Lamas
QdG

As vendas do queixo Arzúa-Ulloa, seguen a gozar de boa saúde. Xunto coas sinerxias da celebración do 50 aniversario de exaltación desde produto, que volveron dar un tirón nas cifras do ano 2025, a instalación de supermercados e tendas no norte de Portugal e de España, está elevando  moi significantivamente as vendas fóra de Galicia. Luis Lamas, presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida (DOP) Arzúa-Ulloa, cifra nun 40 por cento as vendas no exterior.


Pregunta.- Como ve a evolución do queixo Arzúa-Ulloa despois dos fastos deses 50 anos conmemorativos?

Resposta.- A festa ten o seu recoñecemento e o seu mérito, porque empezou de nada e cada ano segue aumentando tanto as cifras de volume de negocio como de visitantes e mellorando tamén todos eses datos coñecidos.

P.-  Canto se vendeu no 2025?

R.- En quilogramos creo que a suba andou nun 15 por cento. E nisto inflúe un pouco no crecemento da DOP Arzúa-Ulloa a evolución que se está a dar das vendas fóra da comunidade autónoma.

P.- Aproximadamente, de canto se pode falar en termos relativos?

R.- Pois hoxe debe estar preto dun 40 por cento das vendas.

P.- E onde están eses ‘nichos’ principais de demanda?

R.- Estase medrando moito agora -e non é tema que soprenda- no caso de Portugal, sobre todo no norte do país veciño. Pasa un pouco como en España, onde crecemos e máis se vende o nóso produto é tamén na zona norte.

En Portugal, sobre todo ultimamente, pode que pola aterraxe alí de supermercados como Mercadona. Tamén abriron algunas tendas, co que é una forma de levar o noso produto por España e fóra dela.

P.- O obxectivo para medrar está, cada vez máis, fóra da comunidade autónoma…

R.- Se cotexamos as cifras de consumo de queixo tanto en Galicia como en España e a nivel europeo, aínda nos falta moito, é algo que vai lento. Pero é certo que o que nos está repercutindo agora moito é o cremento fóra de Galicia.

Os prezos

P.- E os prezos, axuda que sigan sendo ben competitivos cara o produto que chega de fóra?

R.- Eu discrepo diso e dalgunhas outras opinións. Somos competitivos pero tamén hai que ter en conta que un quilogramo de queixo galego dura moito menos nunha casa que o que poida durar un queixo tipo manchego ou como lle queiramos chamar. O noso queixo queda en 12-13 euros, o queixo manchego en 18-20 euros. O que pasa é que un queixo galego, cunha botella de viño e uns amigos sentados disfrutando do produto case se vai; e co manchego xa non é tan doado. Ou sexa que o de competitivo é segundo se vexa. Se é polo prezo si, pero se é polo que acabo de expoñer, non tanto.

P.- Iso non quita de que sexa un queixo de referencia en Galicia…
​
R.- É moi bo, moi bo, pero rende menos. 
0 Comentarios

O ARZÚA-ULLOA MEDIO SÉCULO  DESPOIS

20/2/2026

0 Comentarios

 
Xesús Carrril, alcalde de Arzúa

"O cincuenta aniversario da Festa do Queixo  foi espectacular"

Xesús Carril, alcalde arzuán / queixosdegalicia.comFoto
O alcalde arzuán cifra en arredor de 300.000 euros os gastos da 51 edición da Festa do Queixo
QdeG

A sete días para a celebración da 51 edición da Festa do Queixo Arzúa, os galegos teñen a oportunidade de voltar ao concello coruñés e gozar do bo queixo e da boa música, todo adobado con centos de postos de todo tipo espallados polas rúas que lle darán o colorido é a funcionalidade das clásicas feiras galegas, nas que todo se pode comprar e vender. Será o 27 e 28 de febreiro e o 1 de marzo. As contas xa se botaron, con arredor de 300.000 euros de orzamento.  Queda agora mirar cara ao ceo á espera das previsións de Meteogalicia. Chova ou non chova, os visitantes volverán contarse por ducias de milleiros.

Pregunta.- Estamos a entrar na quinquaxésimo primeira edición da Festa do Queixo Arzúa; como cualifica a celebración dun manxar tan recoñecido?
 
Resposta.- O cincuenta aniversario, desde o noso punto de vista, foi espectacular. Fixemos un esforzo extra, adicóuselle aos fundadores e, ademais -porque foi fundamental- tivemos un tempo ideal. O bo tempo inflúe moito na Festa do Queixo.

P.- E que se barrunta para este ano?

R.- Aínda falta algo, pero esperemos ter sorte. A xente acode á feira por varios motivos.  Hai distintos públicos. Unha xente maior que vén á primeira hora, fai unha visita á feira, degusta o queixo e marcha comer fóra. Hai outra xente moza que vén sobre todo aos concertos e aguanta todo o día. E despois está o público xa de mediana idade. Pero está claro que o tempo é fundamental.

P.- Nesta edición vólvese un pouco ás marcas, sobre todo no que se refire aos gastos?

R.- Si, tampouco podemos tirar a casa pola fiestra, volvemos ao que se viña facendo máis ou menos antes. Traballouse moito e temos a sorte de ter máis colaboradores, co que acadamos máis recursos, tanto por parte da Deputación da Coruña ou de marcas como Estrella Galicia, Bico de Xeado e todas esas casas que temos nomeado. Co que hai una aportación de fondos que anos atrás non tiñamos ou que era menor e, claro, todo inflúe. Pero queremos voltar a unha festa tal e como se facía en edicións anteriores á do cincuenta aniversario.

Máis patrocinadores e colaboradores

P.- Medran os recursos? 
   
R.- Este ano é a primeira vez que chegamos a un acordo con Estrella Galicia; o ano pasado xa colaboraron pero agora fixeron una aportación económica coa Deputación da Coruña, ademais do convenio económico -que xa é o terceiro ano que o facemos-, vannos montar os postos de venda de artesanía e organizarán os actos da cociña en directo para o público. Quero dicir que reducimos gastos, parte que van asumir outras Administracións, e recuperamos ou aumentamos parte dos patrocinadores.

P.- Un ano con outro, por en marcha esta festa que supón…, arredor de 200.000 euros?

R.- Na súa totalidade, se non contamos os patrocinadores, váise a preto de 300.000 euros ou algo máis.

P.- Ou sexa que na 51 edición é a cifra que mañexa….

R.- Non podemos ir moito máis arriba. O ano pasado fíxose un esforzo especial, porque era o 50 aniversario -creo que fomos a preto de 400.000 euros-. Nós, a sorte que temos, son estes patrocinadores. A Deputación danos por convenio 120.000 euros e despois están as empresas colaboradoras. Do contrario, sería moi complicado asumir todo o custo por parte do concello.    
0 Comentarios
    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Abril 2026
    Marzo 2026
    Febrero 2026
    Enero 2026
    Diciembre 2025
    Noviembre 2025
    Octubre 2025
    Agosto 2025
    Julio 2025
    Junio 2025
    Abril 2025
    Marzo 2025
    Diciembre 2024
    Octubre 2024
    Agosto 2024
    Junio 2024
    Mayo 2024
    Abril 2024
    Marzo 2024
    Febrero 2024
    Noviembre 2023
    Octubre 2023
    Agosto 2023
    Junio 2023
    Abril 2023
    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura-ecoloxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia