Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • San Simón Costa
  • Cebreiro
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

Merca Queixo: todo parabéns

27/4/2025

0 Comentarios

 

A.S. Rocha

A Feira de Queixos de Pontedeume (Merca Queixo) non puido ter mellor arranque nin acollida, cun recoñecemento xeral dos asistentes, dos vendedores, e da hostalaría. Sen apuros, e coa inestimable colaboración do tempo, cafetarías, bares e restaurantes tiveron traballo dabondo durante esta fin de semana, e os postos de venda de queixos apuraron existencias e algúns mostraron xa a súa intención de volver á segunda edición do encontro, en 2026.


Obradorios, elaboración de pratos en directo co queixo como protagonista destacado, ponencias, actuacións musicais, presentación dalgúns dos produtos, unha visita guidada polo casco histórico da vila coruñesa, charlas sobre a marca Artesanía Alimentaria de Galicia ou sobre as estratexias de recuperación de zonas abandoadas no campo galego, foron outras das actividades desenvolvidas o sábado e mailo domingo.

En total acudiron a Merca Queixo 25 queixerías da Península Ibérica, con queixos galegos, do País Vasco, de Castela-León, Estremadura ou Portugal. Unha representación de queixos importante, todos artesanais, cuxa valoración é para os organizadores do evento (O Concello de Pontedeume) "moi positiva".

A feira naceu cunha vocación de continuidade, pero "o éxito desta primeira edición empúrranos a poñerlle máis ganas, a mellorar cousas e seguir potenciando os queixos", segundo sinalou a concelleira de Turismo e Promoción Económica, Ángela Piñeiro. Recoñeceu que hai "cousiñas que mellorar, por que é a primeira edición, " pero "a experiencia, en xeral, foi positiva para a hostalaría, os queixeiros e os visitantes" insistiu.

Ángeles Piñeiro agradeceu o labor nesta edición dos patrocinadores -que foron a Deputación da Coruña e Leite Celta-, á colaboración de Unión de Comerciantes Autónomos Eumeses (UCOA) e a de Campo Capela -no seu papel de asesores-.

A falta dunha avaliación final no apartado do gasto, pódese falar dun coste de entre 40.000 e 50.000 euros.

Maridanza con viños e con vermú

Sorprendeu tamén gratamente aos visitantes poder 'casar' sabores dos queixos con viños diversos e con vermús. Cada un fixo no recinto feiral as súas maridanzas como puido, pero coa particularidade de poder degustar os seus derivados lácteos preferidos con caldos brancos e tintos de distintas denominacións españolas e con vermús. Todo de balde. Mentres Vermú Buha, rematou case coas existencias, Fernando Roca Bordello, coordinador da área norte en Félix Solís Avantis, estimou nunhas 7.000 as copas de viño repartidas o sábado e o domingo. Como queixerías de cabeceira ofrecéronse para esta proposta a galega Bisqato e a vallisoletana Cantagrullas, de Medina del Campo.
0 Comentarios

As Neves leva á súa festa anual dúas toneladas de requeixo

19/4/2025

0 Comentarios

 
 A.S.R.
​
É difícil precisar o número de asistentes á XXXII Festa do Requeixo e Mel das Neves, pero pode servir a estimación do presidente da Coopertiva Agrícola Condado Paradanta, Alejandro Fernández, quen fala de preto de catro mil persoas o venres. Venteou, choveu canto quixo e chegou o frío das montañas próximas de Portugal, nas que nevou, pero a gran carpa instalada no centro desta vila do sur pontevedrés rexistrou un  pleno total. Para satisfacer a demanda, os organizadores aportaron para os dous días de festa -venres e sábado- dúas toneladas de requeixo.


Este produto considérase un queixo único en Galicia, tanto pola súa forma -que se conserva intacta a través dos anos-, como polo xeito da elaboración, na que lembra a Cooperativa Condado-Paradanta que só se emprega leite de vaca -procedente de gandarías próximas-, callada, formento láctico e a tradición e o bo facer que lle son propios a este requeixo desde hai moitos anos.

Os primeiros que acoden ao feiral cada ano degustan o requeixo e se acaso os bos caldos brancos e tintos da zona e comen logo o polbo, mentres que os que se achegan xa camiño da hora de xantar sentan primeiro arredor do cefalópodo e apuran logo na sobremesa o requeixo, con mel ou con algunha das novas combinacións e especialidades artelladas pola cooperativa, como é o caso da crema de requeixo con chocolate branco e vainilla.  

Os prezos de venda do requeixo, en paquetes de seis ou 12 unidades/porcións son os de 2023. A produción anual desta exquisitez da Coperativa Condado Paradanta está case nas 16 toneladas.

Máis de 50.000 euros investidos

A festa está organizada polo Concello das Neves. Cada concelleiro do equipo de Goberno ten unha tarefa diferente, desde a música, a loxística o son ou á propia seguridade. Por en marcha todo isto supón un gasto superior aos 50.000 euros, segundo o alcalde, Xosé Manuel Alfonso, xa que a gran carpa instalada cada ano e os postos para a exposición e venda de produtos absorben xa a metade do referido orzamento. Baños públicos, son ou o persoal de limpeza van sumando gastos nesta festa, recoñecida como de interese turístico autonómico, "á que hai de dotar tamén de contidos e dunha oferta cultural interesante para públicos de todas as idades e inquedanzas. Todo este labor vese recompensado logo pola boa acollida que ten", dixo.

Unha destas propostas foi a inauguración, este sábado, da II Xornada da Camelia, na Praza de Abastos, unha mostra e exposición que permanecerá aberta este domingo, 20 de abril.  


Feira do Requeixo e Mel das Neves / queixosdegalicia.comFoto
Os organizadores prepararon para o encontro dous mil quilogramos de requeixo das Neves
0 Comentarios

Éxito da Feira do Queixo do Cebreiro, ¡se chove, que chova!

18/4/2025

0 Comentarios

 

G.S.Lourido

A XXXVII Feira do Queixo do Cebreiro non volveu deixar hoxe indiferente a ningún visitante. Os máis próximos e avisados saíron á rúa con botas de ata tres ou catro centímetros de plataforma, amplos chuvasqueiros e paraugas, moitos paraugas.  E quen quixo poido pasar de nave a nave para interesarse polos produtos da súas preferencias, para curiosear ou para achegarse ata os amplos espazos cubertos       -carpas- do polbo á feira e do churrasco e, claro, para gozar dun amplo abano de queixos de todas partes, entre os que teñen especial predicamento para a ocasión os locais: Queixería Castelo, Queixería Santo André e Queixos Fonchave.


Houbo tamén varios postos de queixos artesanais da zona, non incluídos  na Denominación de Orixe Protexida (DOP) Cebreiro, como Casa López, de Triacastela, que tamén ten a súa clientela entre os amantes do queixo fresco.

As previsións iniciais  de asistencia eran de 35 postos de artesanía, 50 de alimentación e camiño da trintena doutras propostas, aínda que os de venda do exterior -montados fóra  das catro naves das que dispón o concello- estímase que chegaron ata os 50. Ningún deles, a non ser as pulperías, paga por instalarse no recinto feiral, fundamentalmente por ter unha maior facturación.

Con todo, houbo moita xente, en liña coa edición pasada e cré o alcalde, Xosé Luis Raposo, que "se nevara, sería mellor a que chovera desta maneira". Lembrou nese senso que "hai dos anos nevou e houbo unha gran feira".

Todo baixo control, a non ser a chuvia

A non ser nalgúns casos nos que os vendedores presentan os correspondentes rexistros sanitarios, o groso dos asistentes ofertan produtos acollidos a denominacións de orixe, co que todo o que se expón e se vende -sinala o alcalde- está sometido a todos os controles esixidos.

O feiral deste ano contou coa colaboración da entidade financeira Abanca - para todo o relacionado co recoñecemento de Festa de Interese Turístico de Galicia- da Xunta e da Deputación Provincial de Lugo. A organización correu a cargo da DOP Queixo do Cebreiro e do concello local.

Para por en marcha e montalo todo e para desartellar esta fin de semana o entramado feiral, precisouse unha inversión de arredor de 15.000 euros, unha cantidade cativa xa que Pedrafita conta con catro naves nas que acoller actividades e visitantes. De non ser así, considera Xosé Luis Raposo que pode que fosen precisos uns 100.000 euros.

Se chove, que chova

Desde o comezo da feira, case todos os años, o que toca e choiva. E aínda que -a falta de bo tempo- é mellor que neve ca que chova, os visitantes non perdoaron hoxe. E cando uns foron de volta cara a s´`ua casa, houbo unha segunda fornada que acodeu á mesa e ao mantel, se acaso de papel, pero sempre boa mesa.

A secretaria da DOP Cebreiro, María Teresa Prado, apuntou que "non se esperaba tan boa asistencia" co tempo reinante hoxe, cunha concurrencia moi similar a do ano pasado ano.

En 2024, esta denominación produciu uns 62.300 quilogramos de queixo, con 114.000 pezas certificadas.


0 Comentarios

O San Simón enche as depensas dos galegos

6/4/2025

0 Comentarios

 

A.S.Rocha

Vilalba pechou hoxe a XXIX edición da Festa do Queixo San Simón  da Costa, na que as vendas volveron ser moi importantes, ata o punto de que os sete fabricantes da Denominación de Orixe Protexida que concorreron, recoñeceron, sen excepcións, que foi un dos mellores anos. Na vila lucense, capital da Terra Chá, déronse cita o sábado e o domingo milleiros de visitantes, moitos interesados no mundo dos queixos e outros tamén polos encantos da feira que se celebrou hoxe, con longas colas diante das pulperías e churrascarías e un fervedoiro  de xente acumulando viandas para encher a despensa, facendo as compras das próximas semanas.


Despois dos ameazadores bancos de néboa das primeiras horas da xornada dominical polas estradas camiño de Vilalba, o bo tempo marcou a xornada e os amantes do queixo tiveron tempo sobrado para degustar aquí e acolá, e apostar logo por unha ou varias pezas do seu queixo preferido, con 30 queixerías abertas e produtos moi variados.

E como hai que andar lixeiros para facerse coas mellores pezas, cómpre tamén non esquecerse onde está agardando o coche cando tentamos volver sobre os nosos pasos nese amplo aparcadorio que se espalla por toda a vila.

Os sabores mandan

Para facernos unha idea aínda que sexa mínima do que merca algunha xente, aí vai a aportación dun visitante anónimo para a súa depensa particular: un queixo 'bufón' da Queixería Don Gabino, cuxo consumo preferente sitúase no 6 de marzo de 2026; un bote de mel da montaña Pingas de Gaia, con consumo preferente antes do mes de setembro de 2026; e un queixo elaborado con leite cru de vaca madurado con mofos da Queixería Atelier Bisqato, de Guitiriz, cun consumo preferente  antes do 29 de maio de 2025. E para redondear a xornada, un pan de Palas de Rei, case nada. 

Un regalo para quedar mellor que ben

Sinala a concelleira vilalbesa Paula Vigo, responsable, entre outras áreas municipais, de Feiras e Mercados, que o queixo San Simón da Costa mércase moito para regalar; "a quen non lle gusta o queixo?", argumenta, co que se entende que  é un  agasallo co que "sabes que nunca vas fallar". E se hai que buscarlle un compañeiro gastronómico para maridar, aposta por un viño branco galego.

A recomendación

Aínda que está aumentando o consumo de queixo, pero tendo en conta que a unidade familiar non é tan numerosa coma antano,  e que hai tamén moitas familias monoparentais, apunta o secretario da DOP San Simón da Costa, Ángel Ramil, que fronte ao volume dun quilogramo por peza vaise agora ás metades ou a un queixo máis pequeño. "Eu recomendaría en lugar dun queixo pequeno, unha metade, porque lle pasa como ao pan, canto máis grande, mellor sabe", sinala. Isto está levando a que nesta denominación de orixe estea a aumentar a venda por metades, evitando telo  máis tempo na neveira, "non porque se vaia derramar, senón por que se tarda máis tempo en consumilo todo", conclúe. 

0 Comentarios

Esta fin de semana en Vilalba: San Simón do 'queixo'

4/4/2025

1 Comentario

 
Festa do Queixo San Simón da Costa / queixosdegalicia.comFoto
Un gran queixo San Simón da Costa adorna en 2023 a entrada á carpa instalada na Praza da Constitución

QdG

Nunha carreira de substitucións na que cada sete días se anuncia a celebración dalgunha feira de exaltación dos queixos galegos, esta fin de semana tócalle a quenda á Festa do San Simón da Costa. Quedan atrás a Feira de Moeche, a do Queixo de Friol e Pan de Ousá e a de Arzúa. E están  na riola a Feira do Queixo do Cebreiro (18 de abril), a Feira do Requeixo e do Mel das Neves (18 e 19 de abril) e a I Feira de Queixos de Pontedeume (26 e 27 de abril). En Vilalba (Lugo) celébrase á volta dunhas horas a XXIX edición da xornada de exaltación do San Simón da Costa. A festa está asegurada, a feira ao redor dela tamén.


Os actos comezan este sábado, 5 de abril, ás 11 da mañá, coa apertura da feira, cuxa carpa principal está instalada na Praza da Constitución. Como novidade haberá ao longo de toda a festa unha cata interactiva impulsada pola Ruta Europea do Queixo, o pregón a cargo de Carlos Blanco e as actuacións de De Ningures e Fillas de Cassandra.

O domingo, 6 de abril, a carpa do queixo abrirá ás 10 da mañá e pola tarde está programado un baile no Centro Cultural amenizado polo Dúo Hora Bruja. Progamáronse moitos actos máis, e todo arroupado por unha importante feira nos arredores da propia festa.  

Ofreceranse queixos para todos os gustos, de toda Galicia e das catro denominacións de orixe autonómicas e, para a ocasión, un  San Simón da Costa nas súas tres versións: o 'bufón',  (de 0,4 a 0,8 quilogramos e 30 días de curación), o de formato grande (de 0,8 a 1,5 quilogramos e unha curación de 45 días) e os de 200 días de curación, dos que se fan menos pezas.

600.000 queixos

En 2024, segundo os datos do Concello Regulador San Simón da Costa, rexistrouse unha produción de 599.659 pezas de queixo, o que supón un total de 563.291 quilogramos e un valor económico de algo máis de cinco millóns de euros. Actualmente hai inscritas na denominación nove queixerías.
  

1 Comentario
    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Diciembre 2025
    Noviembre 2025
    Octubre 2025
    Agosto 2025
    Julio 2025
    Junio 2025
    Abril 2025
    Marzo 2025
    Diciembre 2024
    Octubre 2024
    Agosto 2024
    Junio 2024
    Mayo 2024
    Abril 2024
    Marzo 2024
    Febrero 2024
    Noviembre 2023
    Octubre 2023
    Agosto 2023
    Junio 2023
    Abril 2023
    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    All
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    RSS Feed


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia