A Feira de Queixos de Pontedeume (A Coruña) volveu lucir esta pasada fin de semana con luz propia, cun amplo repertorio de actividades para todos os públicos e con reclamos curiosos como os cantos de taberna, catas técnicas das denominacións de orixe galega ou presentacións e degustacións dalgunos dos fabricantes asistentes. E causou tamén especial atención a poxa solidaria de queixos singulares, todo por unha boa causa e mellor destino, a Asociación Española contra o Cancro en Ponteume.
Alguén comentou que con máis -moitas máis- iniciativas como a referida faise camiño tamén para loitar eficazmente contra a enfermidade, porque o importante neste caso non é xa tanto a recadación -que tamén- como o compromiso adquirido é o exemplo que se dá cara accións futuras.
Na poxa participaron moi activamente tres queixerías, que aportaron os seus produtos. Unha a de Carlos Reixa (Santo André), que achegou unha peza de máis de dez quilogramos e oito meses de maduración da denominación de orixe protexida (DOP) Cebreiro; outra, da queixería arzuana Galmesán, con sete quilogramos e tres meses de maduración; e a terceira, un ‘Pata de mulo’ da queixería artesanal Payuelos (León), de cinco meses de maduración.
Bicos con sabor a requeixo
Xunto cunha remodelación do recinto feiral -na alameda de Raxoi- que lle deu máis amplitude ao público e a os expositores e vendedores de queixo, os visitantes tiveron a oportunidade de saborear e facer un corto pero axeitado brinde ao sol, cun xeado de requeixo, elaborado no concello curuñés da Capela. É só unha das pode que varias ducias de combinacións de marca Bicos de Xeado. As terrinas que se venderon esta fin de semana debéronse achegar a os dous milleiros.
Nesta ocasión, un bo referente do número total de congregados ao peche do encontro é o das rifas por compras entregadas aos asistentes. Foron 7.800 o sábado e 8.900 o domingo. Isto, xunto coa masiva asistencia rexistrada, apunta a que esa cifra de 15.000 do ano pasado puido verse rebasada, segundo Ana Vence, socia da Tenda Campo Capela e membro do Consello reitor da Cooperativa Agraria Provincial, en representación de Bico de Xeado.
Tamén volveron repetir e mesmo ampliaron cifras os mellores caldos das adegas Pagos del Rei, Félix Solís e Viña Casa Solís, que convidaron a milleiros de copas de viño, con produtos propios como Rías Baixas, Godello ou Mencía. Segundo o coordinador da área norte de España, Fernando Roca, ata o mediodía do domingo repartíronse de balde máis de 5.000.

Fuente RSS
