Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • San Simón Costa
  • Cebreiro
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

​80.000 vistantes e moito queixo galego na Semana Verde

4/6/2024

0 Comentarios

 
Queixos Brigantia / queixosdegalicia.com
Expositor de Queixos Brigantia (As Somozas/A Coruña)

QdeG

A Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia pechou edición o pasado domingo cunha asistencia de 80.860 visitantes e arredor dunha ducia de fabricantes de queixo galego, que cualificaron como positivas as vendas, aínda que cun certo retraemento sobre a edición do  ano pasado, á que acudiron -en números redondos- 20.000 persoas máis.


No Salón da Alimentación do Atlántico (Salimat), con 27 edicións celebradas xa, os amantes da boa cociña e das delicatessen tiveron oportunidadade a pasada fin de semana de gozar cos mellores produtos e dos petiscos selectos elaborados en diferentes sesións de cociña, presentacións, catas ou talleres.

Non abundaron desta volta as novidades, aínda que Queixos Castelo de Brañas  (Pedrafita/Lugo) da Denominación de Orixe Protexida (DOP) Cebreiro, aportou algunhas pezas do seu queixo máis curado, das que na xornada dominical xa non quedaban existencias.  

Do queixo de búfala á curación en feno

Queserías del Ulla (Vedra/A Coruña) levou o seu queixo Tres Pazos, marca principal da empresa, que entre as súas propostas inclúe o elaborado con leite de vaca e búfala, unha mestura que destaca o fabricante por non ser moi habitual. O leite de búfala aporta máis calorías que o de vaca, xa que contén maior cantidade de graxas, proteínas e lactosa, salientando que as graxas de búfala non conteñen colesterol.

A proteína do leite de búfala ten máis caseína, albúmina e globulina. A súa composión química tamén se considera mellor ca do vacuno.

Este produtor tramita actualmente a súa inclusión na DOP Queixo Tetilla, para a fabricación    
baixo esta icónica marca protexida galega.

Tamén acudiu á convocatoria anual silledense a queixería familar Queinaga (Curtis/Lugo), medalla de prata na Cata dos Queixos de Galicia polo seu Arzúa-Ulloa, e medalla de ouro en 2022, que simultaneou con otra do mesmo metal para o seu queixo Tetilla.

Polo recinto feiral pasou así mesmo Cortes de Muar, artesáns que elaboran unha produción limitada de queixos suaves tanto con leite pasteurizado de vaca -como o seu 'Mimosa'- ou  con leite crú, para facer un queixo  madurado en feno (como 'Marianne'). Outra proposta, 'Marigold', faise con leite crú de vaca, con pasta cocida e chedarizada. Vende este último como un produto típico da pastelaría tradicional de Galicia e tivo unha medalla de prata na World Cheese Awards de 2013.

Máis queixerías

Con traxectorias e produtos galegos igualmente reclamados polos afeccionados ao queixo, asistiron e fixeron boas vendas tamén na Semana Verde  Casa Zolle (Friol/Lugo), que non hai moito mudou de propietario; Campo Capela (A Capela/A Coruña); Queixería Granxa Lourán/Requeixo Restrebas (Monfero/A Coruña); Queixos Brigantia (As Somozas/A Coruña); Queixería Cobideza (Agolada/Pontevedra); Lácteos Anzuxao (Madriñán/Pontevedra); Queixería Gaia (Xinzo/Ourense); Queixos Hoxe (Borralla-Lalín/Pontevedra); Quesos La Montaña de Entrimo (Ferreiros de Abaixo-Entrimo/Ourense), Larsa e a Cooperativa Condado Paradanta, que elabora o requeixo das Neves. 

Queixos Castelo das Brañas / queixosdegalicia.com
Queixos Castelo de Brañas (Pedrafita/Lugo)

Foto
Queixería Queinaga (Curtis/Lugo), con Casa Zolle (Friol/Lugo) ao fondo

Requeixo das Neves / queixosdegalicia.com
Cooperativa Condado Paradanta, elaboradora do requeixo das Neves

Cooperativa Campo Capela / queixosdegalicia.comFoto
Cooperativa Campo Capela (A Capela/A Coruña)

Requeixo Restrebas / queixosdegalicia.comto
Queixería Granxa Lourán (Monfero/A Coruña), elaboradora do requeixo Restrebas

Queixería Gaia / queixosdegalicia.com
Queixería Gaia (Xinzo/Ourense)

Larsa / queixosdegalicia.com
Expositor de Larsa

Cortes de Muar / queixosdegalicia.com
Cortes de Muar (Silleda/Pontevedra)


0 Comentarios
    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Abril 2025
    Marzo 2025
    Diciembre 2024
    Octubre 2024
    Agosto 2024
    Junio 2024
    Mayo 2024
    Abril 2024
    Marzo 2024
    Febrero 2024
    Noviembre 2023
    Octubre 2023
    Agosto 2023
    Junio 2023
    Abril 2023
    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia