Segue a ser moi certo iso de que cada quen conta a feira tal e como lle vai nela. E na Semana Verde deste ano, que acaba de pechar as súas portas neste luscofusco dominical, os máis de quince fabricantes e distribuidores que asentaron posto estes últimos días no recinto feiral de Silleda, non fixeron moitos espaventos polas vendas. Hai moito que visitar, moito do que se sorprender, desfrutar e probar, e nos queixos tamén.
Pechou esta 48ª Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia e os seus certames paralelos cunha asistencia global nos catro días de apertura de algo máis de 108.000 persoas.
Unha hora antes do peche, un sistema de cámaras con información intelixente, situadas nas entradas do recinto silledense, tiñan avaliadas as visitas. Uns milleiros menos que en 2025. Houbo unha mellora na cifra de expositores directos nos últimos 19 anos, cun total de 793 empresas e entidades de seis países, un 4,6 máis que en 2025.
Salimat, Turexpo Galicia e Festur-estas dúas últimas co apoio da Axencia de Turismo de Galicia- contaron con moitas empresas e participaron 50 concellos que promocionaron 66 festas galegas de interese turístico, a maior cifra deste evento.
Da Semana Verde deste ano saíron referencias e novidades como as da Finca Casa Barbeiro, ás que se lle vai ter que prestar moilta atención -incluído o seu requeixo-, as propostas de Monte Ceo, Casa Zolle, ou clásicos como os premiados Arzúa-Ulloa ou Tetilla de Queinaga, os deliciosos repertorios de Hoxe, Brigantia, Lácteos Bretón, Dona Cobina, Queixerías do Eume, Larsa ou o inefable requeixo das pontevedresas terras das Neves.
Fuente RSS
